Joel Freeland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joel Freeland
Portland Trail Blazers – No. 19
Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 7 de febreiro de 1987 (27 anos)
Flag of England.svg Farnham, Surrey
Nacionalidade Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 102 kg (225 lb)
Instituto Farnham Heath End School
Información da carreira
Universidade Farnborough College of Technology
NBA Draft 2006 / Rolda: 1 / Elección: 30

Escollido por Portland Trail Blazers

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Gran Canaria B (2005–2006)
Gran Canaria (2006–2009)
CB Málaga (2009–2012)
Portland Trail Blazers (2012–presente)
Idaho Stampede (2012)
Información en nba.com

Joel Freeland, nado o 7 de febreiro de 1987 en Farnham, Surrey, é un xogador británico de baloncesto profesional que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tras pasar por dous equipos ingleses, Freeland chegou ó segundo equipo do CB Gran Canaria da Liga EBA. Na tempada 2005-06, Freeland fixo 14.8 puntos, 7.6 rebotes, 0.7 asistencias, 1.0 roubos e 0.8 tapóns por partido.

O 28 de xuño de 2006, foi elixido polos Portland Trail Blazers na 30ª posición do Draft da NBA de 2006. Porén, os Blazers recomendáronlle a súa volta a Europa para mellorar o seu xogo. En agosto de 2006, asinou un contrato por dous anos co Gran Canaria da Liga ACB.[1]

En 2009, Freeland fichou polo Unicaja Málaga, asinando un contrato de 5 anos cun valor de 4.5 millóns de euros.[2]

O 13 de xullo de 2012, Freeland asinou un contrato de tres anos cos Portland Trail Blazers.[3] O 14 de decembro de 2012, foi asignado ós Idaho Stampede da NBA D-League, e foi chamado de volta dous días despois.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]