Randy Foye
| Utah Jazz – No. 21 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de setembro de 1983 (29 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
| Peso | 97 kg (213 lb) |
| Instituto | East Side, Newark |
| Información da carreira | |
| Universidade | Villanova |
| NBA Draft | 2006 / Rolda: 1 / Elección: 7
Escollido por Boston Celtics |
| Carreira | dende 2006 |
| Historial de equipos | |
| Minnesota Timberwolves (2006–2009) Washington Wizards (2009–2010) Los Angeles Clippers (2010-2012) Utah Jazz (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Randy Foye, nado o 24 de setembro de 1983 en Newark, Nova Jersey, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA). Mide 1,93 metros e xoga de base.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Foye xogou os seus anos de universidade nos Wildcats da Universidade de Villanova. Foi seleccionado sétimo no Draft da NBA de 2006 polos Boston Celtics, aínda que foi traspasado de inmediato aos Portland Trail Blazers, os cales o intercambiaron por Brandon Roy dos Minnesota Timberwolves. Foye estudou na East Side High School, onde gañou o premio de "New Jersey Player Of The Year", antes de ser adquirido por Villanova.
O 8 de xullo de 2010, Foye asinou cos Los Angeles Clippers.[1]
O 25 de xullo de 2012, Foye fichou polos Utah Jazz.[2]
Vida persoal [editar]
Medicamente, Randy ten a estraña condición de situs inversus, é dicir, ten todos os órganos do seu corpo trocados de lado, coma se unha persoa normal se mirase nun espello, é dicir, que ten por exemplo o corazón ao inclinado cara o lado dereito. O pai de Randy morreu nun accidente de moto cando Randy tiña tres anos de idade e a súa nai abandonouno a el e ao seu irmán nun xardín infantil e nunca máis a volveron a ver. Foye achegouse moito aos seus amigos do barrio cos que aprendeu a xogar ao baloncesto, ata que anos despois recibiu becas e axudas do estado.
Notas [editar]
- ↑ "CLIPPERS SIGN FREE AGENT GUARD RANDY FOYE". NBA.com. 8 de xullo de 2010. http://www.nba.com/clippers/news/breakingnews_100708.html. Consultado o 9 de xullo de 2010.
- ↑ Jazz Agrees to Terms with Guard Randy Foye