Oleksiy Pecherov
| BC Azovmash Mariupol | |
| Ala-pivote | |
| Nacemento | 8 de decembro de 1985 (27 anos) |
|---|---|
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
| Peso | 105 kg (232 lb) |
| Internacional | |
| Carreira | dende 2002 |
| Equipos |
|
Oleksiy Pecherov (Олексій Печеров en lingua ucraína), nado o 8 de decembro de 1985 en Donetsk, RSS de Ucraína, Unión Soviética, é un xogador ucraíno de baloncesto profesional que xoga no AJ Milano da Lega Basket Serie A.
Foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Washington Wizards. Pecherov asinou un contrato cos Wizards o 5 de xullo de 2007. Anteriormente, xogou para o Paris Basket Racing en Francia. O 23 de xuño de 2009, foi traspasado xunto a Etan Thomas, Darius Songaila, e unha elección de primeira rolda do Draft aos Minnesota Timberwolves a cambio de Randy Foye e Mike Miller.[1]
En 2010, xogou para o AJ Milano da liga italiana.[2] Un ano máis tarde asinou co BC Azovmash Mariupol de Ucraína.[3]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en Euroleague.net
- Perfil en NBA.com
- Perfil en NBA Draft.net
- Perfil en DraftExpress
- Vídeo dun adestramento dos Wizards con Pecherov