Quinn Buckner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quinn Buckner
Posición Base
Dorsal 21, 28, 25
Altura 1,90 m (6 ft 3 in)
Peso 86 kg (189 lb)
Nacemento 20 de agosto de 1954 (60 anos)
Flag of Illinois.svg Phoenix, Illinois
Carreira
Tempadas 19761986
NBA Draft 1976 / Rolda: 1 / Elección: 7

Escollido por Milwaukee Bucks

Universidade Indiana
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     5 929
Roubos     1 337
Asistencias     3 114
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

William Quinn Buckner, nado o 20 de agosto de 1954 en Phoenix, Illinois, é un ex xogador e adestrador de baloncesto estadounidense que xogou 10 tempadas na National Basketball Association (NBA), ademais de adestrar unha tempada aos Dallas Mavericks. Con 1,90 metros de altura, facíao na posición de base.

É un dos oito únicos xogadores que conseguiu gañar a NCAA, a NBA e os Xogos Olímpicos. Os outros sete son Clyde Lovellette, Bill Russell, K.C. Jones, Jerry Lucas, Michael Jordan e Magic Johnson.[1]

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas cos os Hoosiers da Universidade de Indiana, nas que tivo unha media de 10,0 puntos, 4,5 asistencias e 3,8 rebotes por partido.[2] Foi incluído en dúas ocasións no mellor quinteto da Big Ten Conference,[3] conseguindo ademais gañar o título da NCAA en 1976 tras derrotar na final á Universidade de Michigan por 86-78, tras unha tempada perfecta para o equipo de Bobby Knight, na que lograron 32 vitorias por ningunha derrota.[4]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi convocado coa selección de baloncesto de Estados Unidos que competiu no Campionato Mundial de Baloncesto de Porto Rico 1974,[5] nos que gañaron a medalla de bronce. Xogou nove partidos, nos que fixo 6,6 puntos por encontro.[6]

Posteriormente foi convocado por Dean Smith para disputar os Xogos Olímpicos de Montreal 1976, nos que gañaron a medalla de ouro. Xogou seis partidos, nos que fixo 7,3 puntos e 3 rebotes por partido, logrando o seu mellor rexistro nas semifinais ante Canadá, onde anotou 12 puntos.[7]

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na sétima posición do Draft da NBA de 1976 por Milwaukee Bucks,[8] onde se mostrou desde o primeiro momento como un especialista defensivo. Xa na súa primeira tempada acabou en cuarta posición da liga en balóns recuperados, con 2,4 por partido,[9] co mérito engadido de facelo con tan só 26 minutos en pista. Rematou as súas estatísticas ese ano con 8,6 puntos e 4,7 asistencias.[10] Ese ano conseguiu ademais ser o primeiro xogador en roubar oito balóns nunha soa parte dun partido, ante New Jersey Nets o 27 de novembro de 1976, que segue sendo marca da NBA compartido con outros once xogadores.[11]

Ao ano seguinte a súa capacidade defensiva sería recoñecida pola liga, sendo incluído no segundo Mellor quinteto defensivo da NBA,[12] algo que se repetiría noutro tres ocasiones na súa carreira, en 1979, 1980 e 1981. Xogou catro tempadas máis cos Bucks, sendo a máis completa a 1980, na que tivo unha media de 13,3 puntos, 4,7 asistencias, 3,6 rebotes e 2,4 roubos de balón.[13] Antes do comezo da tempada 1982-83 foi traspasado a Boston Celtics a cambio do pivote zurdo Dave Cowens,[14] Alí repartiuse as funcións de base con Tiny Archibald, nun equipo que contaba xa con Larry Bird, Kevin McHale ou Robert Parish, acabando a súa primeira tempada con 7,9 puntos e 3,8 asistencias por partido.[15]

A chegada de Dennis Johnson ao equipo na tempada 1983-84 relegoulle definitivamente ao banco, pero a cambio deulle o seu primeiro e único anel de Campión da NBA, batendo na final aos Lakers de Magic Johnson por 4 vitorias a 3.[16] Xogou unha tempada máis cos Celtics, pero as súas aparicións en pista foron cada vez menos frecuentes. Finalmente, ao termo da tempada 1984-85 foi traspasado a Indiana Pacers a cambio dunha futura segunda rolda do draft.[14] Alí disputaría a súa última tempada, na que só foi aliñado en 32 partidos antes de ser cortado no mes de xaneiro. Trala súa saída do equipo, decidiu retirarse definitivamente.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Na tempada 1993-94 foi contratado como adestrador principal dos Dallas Mavericks,[17] mais a súa experiencia non puido ser peor, asinando un dos peores comezos dun equipo nunha tempada, ao gañar unicamente dous dos primeiros 40 partidos,[18] sendo finalmente despedido ao termo da tempada, na que obtiveron o peor balance de toda a liga.[19]

Vida posterior[editar | editar a fonte]

Tras deixar o baloncesto en activo, adicouse a ser comentarista en diferentes cadeas de televisión, como a ESPN, a NBC ou a CBS. En 1998 foi contratado como analista dos Pacers nas retransmisións por cable, e en 2004 foi nomeado Vicepresidente de Comunicación do equipo.[20]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]