Dave Bing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dave Bing
Posición Base
Dorsal 21, 44
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso 84 kg (185 lb)
Nacemento 24 de novembro de 1943 (70 anos)
Flag of Washington, D.C..svg Washington, D.C.
Carreira
Tempadas 19661978
NBA Draft 1966 / Rolda: 1 / Elección: 2

Escollido por Detroit Pistons

Universidade Syracuse
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     18 327
Rebotes     3 420
Asistencias     5 397
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador

David "Dave" Bing, nado o 24 de novembro de 1943 en Washington, D.C., é o alcalde demócrata de Detroit.[1] É tamén un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense da década dos 70, que pasou a meirande parte da súa carreira profesional nos Detroit Pistons. Nas súas doce tempadas na National Basketball Association (NBA), foi nomeado Rookie do Ano en 1967, máximo anotador da competición en 1968, MVP do All-Star Game en 1976, sendo incluído posteriormente no Basketball Hall of Fame e o seu dorsal 21 retirado polos Pistons.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Os seus anos universitarios transcorreron en Syracuse, sendo nas tres tempadas o máximo anotador. Fixo unha media de 24,8 puntos e 10,3 rebotes. No seu último ano foi elixido no mellor quinteto nacional, e foi nomeado Atleta do Ano da súa universidade, que retirou a súa camiseta co número 22 como homenaxe.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido en segunda posición da primeira rolda do draft da NBA en 1966 polos Detroit Pistons. Na súa primeira tempada fixo 20,0 puntos por partido, o que lle levou a conseguir o premio de Rookie (novato) do ano. Xogou en Detroit durante nove tempadas, para despois ser traspasado aos Washington Bullets. Terminaría a súa carreira profesional xogando un ano nos Boston Celtics.

Foi un dos grandes xogadores da NBA que, con todo, nunca conseguiu levar ao seu equipo ás finais do campionato, honra que comparte con xente como Bob Lanier, Pete Maravich, Connie Hawkins, Dan Issel ou Bernard King.

Logros persoais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]