Bill Sharman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bill Sharman
Bill Sharman en 1960.
Posición Base
Dorsal 10, 21
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 79 kg (175 lb)
Nacemento 25 de maio de 1926
Texas Abilene (Texas)
Morte 25 de outubro de 2013
(87 anos)
California Redondo Beach (California)
Carreira
Universidade USC
NBA Draft 1950 / Rolda: 2 / Elección: 24
Por
Washington Capitols
Tempadas 19501961
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     12 665 (17,8 pp)
Rebotes     2 779 (3,9 pp)
Asistencias     2 101 (3,0 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Como xogador
Como adestrador
  Basketball Hall of Fame como xogador
  Basketball Hall of Fame como adestrador
Adestrador

William Walton "Bill" Sharman, nado o 25 de maio de 1926 en Abilene (Texas) e finado o 25 de outubro de 2013 en Redondo Beach (California), foi un ex xogador e exadestrador de baloncesto estadounidense. Serviu durante a segunda guerra mundial no corpo de Corpo de Marines dos Estados Unidos.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Trala segunda guerra mundial Sharman matriculouse na Universidade do Sur de California (USC), con cuxo equipo disputou catro tempadas, cunha media de 13,5 puntos por partido. No seu último ano foi elixido no mellor quinteto do país.

Profesional[editar | editar a fonte]

Comezou xogando ao béisbol nas ligas Menores, pero pronto se centrou no baloncesto. Foi elixido no draft polos Washington Capitols, equipo no que tan só xogou unha tempada, xa que ese mesmo ano desapareceu. Fichou entón polos Boston Celtics, de onde xa non se movería. Alí coincidiría co lendario Bob Cousy, co que formou unha das mellores parellas base-escolta da historia.

Conseguiu catro títulos da NBA ao longo das dez tempadas nos Celtics, sendo elixido en catro ocasións no mellor quinteto da liga, e disputando un total de oito All Stars. En total tivo unha media de 17,8 puntos, 3,9 rebotes e 3 asistencias por partido. En 1961 foise á xa desaparecida ABL, como xogador-adestrador do equipo de Los Angeles Jets, coa mala sorte de que ese mesmo ano, a liga desapareceu.

Equipos[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Volveu entón á universidade de onde xurdiu, no sur de California, onde foi adestrador principal durante tres anos, ata que regresou á NBA en 1966, facéndose cargo dos San Francisco Warriors. De aí pasou á ABA, adestrando do equipo de Loss Angeles Stars, os cales, unha vez en Utah, gañaron un título e Sherman foi nomeado adestrador do ano.

Regresou de novo á NBA, con Los Angeles Lakers, a quen dirixiu en cinco tempadas. Na primeira delas conseguiron o seu primeiro título de campións, e Sharman foi nomeado Adestrador do Ano da NBA. É o único adestrador en recibir tal galardón en tres ligas diferentes. Unha vez abandonou os bancos, ficou na cidade anxelina sendo o "General Manager" (manager xeral) do equipo, e posteriormente presidente do mesmo.

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros persoais[editar | editar a fonte]

  • 8 veces All Star.
  • Elixido no mellor quinteto da NBA en 4 ocasións.
  • Liderou en sete ocasións a porcentaxe de tiros libres da NBA.
  • Elixido un dos "50 mellores xogadores da historia" en 1996.
  • Membro do Basketball Hall of Fame dende 1976 como xogador e dende 2000 como adestrador, unha das tres únicas persoas en logralo xunto a John Wooden e Lenny Wilkens.
  • Único adestrador en gañar o campionato e o título de mellor adestrador en tres ligas diferentes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]