Kevin McHale
| Kevin McHale | |
|---|---|
| Posición | Ala-pivote |
| Dorsal | 32 |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 102 kg (225 lb) |
| Nacemento | 19 de decembro de 1957 (55 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1980–1993 |
| NBA Draft | 1980 / Rolda: 1 / Elección: 3
Escollido por Boston Celtics |
| Universidade | Minnesota |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 17 335 |
| Rebotes | 7 122 |
| Tapóns | 1 689 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
| Basketball Hall of Fame como xogador | |
| Adestrador | |
|
|
Kevin Edward McHale, nado o 19 de decembro de 1957 en Hibbing, Minnesota, é un ex xogador e adestrador de baloncesto estadounidense. Os seus 13 anos de carreira profesional transcorreron nos Boston Celtics, cos cales gañou tres aneis, quedando finalista noutras dúas ocasións. Como dato anecdótico, dicir que é fillo de pai irlandés e de nai croata.
Cunha estatura de 2,08 m. xogou de ala-pivote, coa camiseta co número 32 ás costas, número retirado polos Bostón Celtics en 1994. A súa carreira como adestrador transcorreu case integramente nos Minnesota Timberwolves. Actualmente é o adestrador dos Houston Rockets.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Universidade [editar]
Xogou para a Universidade de Minnesota entre os anos 1976 e 1980, tempadas nas que fixo 15,2 puntos e 8,5 rebotes. Coincidindo co centenario da súa universidade, foi elixido o "mellor xogador de todos os tempos" de devandito "college".
NBA [editar]
Foi elixido na terceira posición do Draft da NBA de 1980 polos Boston Celtics. Formou, xunto a Larry Bird e Robert Parish, quizais a mellor tripleta de xogadores altos de toda a historia da NBA. Chegaron a ser coñecidos como "The big three" (os tres grandes). Con eles conseguiu chegar a cinco finais do campionato, conseguindo 3 aneis.
No seu xogo destacou sobre todo a súa extraordinaria defensa, axudado polos seus longos e hábiles brazos, e a súa selección de tiro, que fixo que en dúas tempadas encabezase as estatísticas de porcentaxe de tiro, cunhas cifras que superaban o 60% de acerto. Disputou un total de 971 partidos, nos que fixo 17,9 puntos e 7,3 rebotes por encontro.
Logros persoais [editar]
- Mellor Sexto Home do ano en 1984 e 1985.
- Elixido no Mellor quinteto da NBA en 1987.
- Sete veces All Star.
- A súa camiseta co número 32 foi retirada polos Boston Celtics en 1994.
- Nomeado en 1996 un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA".
- Entrou a formar parte do Basketball Hall of Fame en 1999.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións draft Boston Celtics
- Xogadores Boston Celtics
- Adestradores Minnesota Timberwolves
- Adestradores Houston Rockets
- Ala-pivotes de baloncesto
- Adestradores da NBA
- Adestradores de baloncesto
- Membros do Salón da Fama da NBA