Hal Greer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hal Greer
Posición Escolta/Aleiro
Dorsal 15
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso 79 kg (175 lb)
Nacemento 26 de xuño de 1936 (77 anos)
Flag of West Virginia.svg Huntington, Virxinia Occidental
Carreira
Tempadas 19581973
NBA Draft 1958 / Rolda: 2 / Elección: 13

Escollido por Syracuse Nationals

Universidade Marshall
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     21 586
Rebotes     5 665
Asistencias     4 540
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador

Harold Everett Greer, nado o 26 de xuño de 1936 en Huntington, Virxinia Occidental, é un antigo xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente da Universidade de Marshall, foi elixido no Draft da NBA de 1958 polos Syracuse Nationals. Greer xogou para Syracuse durante cinco tempadas, chegando a 22.8 puntos por partido en 1961. Ese ano foi elixido para xogar o NBA All-Star Game. En 1963, os Syracuse Nationals trasladáronse a Philadelphia e convertéronse nos Philadelphia 76ers. Alí, foi compañeiro de Wilt Chamberlain e formou parte do equipo que acabou co reinado dos Boston Celtics liderado por Bill Russell. Nos 15 partidos de playoffs dos 76ers desa tempada, Greer fixo 27.7 puntos por encontro. Greer tiña unha técnica para lanzar os tiros libres pouco usual, pero moi efectiva. É considerado coma o terceiro mellor escolta dos anos 60, despois de Oscar Robertson e Jerry West.

Greer xogou en 10 All-Star Game e foi o MVP do partido de 1968, onde anotou 21 puntos, 19 deles nun só cuarto. Tamén foi elixido sete veces no 2º Equipo All-NBA, e anotou máis de 20.000 puntos durante a súa carreira na NBA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]