Paul Arizin
| Paul Arizin | |
|---|---|
| Posición | Aleiro/Escolta |
| Dorsal | 11 |
| Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
| Peso | 86 kg (190 lb) |
| Nacemento | 9 de abril de 1928 |
| Morte | 12 de decembro de 2006 (78 anos) Springfield, Pensilvania |
| Carreira | |
| Tempadas | 1950–1965 |
| NBA Draft | 1950 / Elección: Territorial
Escollido por Philadelphia Warriors |
| Universidade | Villanova |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 16 266 |
| Rebotes | 6 129 |
| Asistencias | 1 665 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
| Basketball Hall of Fame como xogador | |
Paul Joseph Arizin, nado o 9 de abril de 1928 en Filadelfia, Pensilvania, e finado o 12 de decembro de 2006 en Springfield, Pensilvania, foi un xogador de baloncesto profesional estadounidense que pasou a súa carreira enteira na National Basketball Association nos Philadelphia Warriors.
Índice |
Traxectoria [editar]
Tras ser seleccionado polos Warriors coa súa primeira elección do Draft da NBA de 1950, Arizin acadou 17.2 puntos por partido na súa tempada coma rookie e foi nomeado Rookie do Ano da NBA, unha designación que aínda non fora aprobada pola NBA na tempada 1950-51. Foi o máximo anotador da liga nas tempadas 1951-52 e 1956-57, e se convertiu nun dos mellores xogadores da liga nos anos 50. Non xogou nas tempadas 1952-53 e 1953-54 debido ó servizo militar na mariña estadounidense durante a Guerra de Corea.[1]
Liderou aos Warriors para conseguir o campionato na tempada 1955-56, onde formou unha gran parella con Neil Johnston. Xogou tamén co gran anotador Joe Fulks a comezos da súa carreira, e coas lendas de Philadelphia Tom Gola e Wilt Chamberlain cara o final da súa carreira a comezos dos anos 60. Arizin preferiu retirarse da NBA antes que trasladarse cos Warriors a San Francisco.
Tras deixar a NBA, Arizin xogou tres tempadas na Eastern Professional Basketball League cos Camden Bullets, onde gañou o título en 1964.
Arizin xogou o NBA All-Star Game en 10 ocasións, e foi o MVP do partido de 1952. Foi elixido no primeiro equipo All-NBA en 1952, 1956 e 1957. Foi incluído no Basketball Hall of Fame en 1978.[2] Finou á idade de 78 anos o 12 de decembro de 2006, en Springfield, Pensilvania.
Notas [editar]
- ↑ "Paul Arizin Bio". NBA.com. http://www.nba.com/history/players/arizin_bio.html. Consultado o 2007-06-15.
- ↑ "Hall of Famers". Basketball Hall of Fame. http://www.hoophall.com/hall-of-famers/tag/paul-j-arizin. Consultado o 2009-08-02.