Sam Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sam Jones
Posición Escolta
Dorsal 24
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso 90 kg (198 lb)
Nacemento 24 de xuño de 1933 (81 anos)
Flag of North Carolina.svg Wilmington, Carolina do Norte
Carreira
Tempadas 19571969
NBA Draft 1957 / Rolda: 1 / Elección: 8

Escollido por Boston Celtics

Universidade North Carolina Central
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     15 411
Rebotes     4 305
Asistencias     2 209
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador

Samuel "Sam" Jones, nado o 24 de xuño de 1933 en Wilmington, Carolina do Norte, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que formou parte do lendario equipo dos Boston Celtics que conseguiron oito títulos seguidos na década dos 60. Naceu o 24 de xuño de 1933 en Wilmington, North Carolina. Está considerado un dos bases máis rápidos, con mellor visión de xogo e tiro de todos os tempos.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Jones realizou a súa carreira universitaria na North Carolina Central College, formando un equipo só de xogadores negros. Nos seus catro anos fixo 17,7 puntos e 9,1 rebotes por partido.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido polos Boston Celtics na primeira rolda do draft na sexta posición, un ano despois de que os Minneapolis Lakers o elixisen tamén, pero renunciando a causa do servizo militar. Toda a súa carreira transcorreu na cidade de Massachusetts, onde, en 12 tempadas conseguiu 10 títulos da NBA, sendo soamente superado neste aspecto en toda a historia por Bill Russell. Habitualmente é mencionado como o cuarto mellor base da década dos 60, detrás de Oscar Robertson, Jerry West e Hal Greer. Era unha base rápido e con gran visión de xogo, pero que destacaba sobre todo no tiro en suspensión, faceta que lle fixo gañarse o alcume de "The Shooter" (o tirador). Participou en cinco All-Star Game.

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros persoais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]