K. C. Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
K. C. Jones
Posición Base
Dorsal 25, 27
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso 91 kg (200 lb)
Nacemento 25 de maio de 1932 (82 anos)
Flag of Texas.svg Taylor, Texas
Carreira
Tempadas 19581967
NBA Draft 1956 / Rolda: 2 / Elección: 13

Escollido por Boston Celtics

Universidade San Francisco
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     5 011
Rebotes     2 399
Asistencias     2 908 (6,3 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador
Adestrador

K. C. Jones (nome completo), nado o 25 de maio de 1932 en Taylor, Texas, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense. Como xogador, conseguiu 8 aneis de campión da NBA, sendo só superado nese aspecto polos seus compañeiros de equipo en Boston Celtics Bill Russell e Sam Jones. Ademais conseguiu outros dous como adestrador nos anos oitenta, tamén cos Celtics.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou a liga de baloncesto universitario coa Universidade de San Francisco, onde xunto a Bill Russell, conseguiron dous títulos da NCAA en 1955 e 1956, aínda que nesta última tempada non puido xogar, ao ser o seu quinto ano na universidade. Porén, foi elixido para disputar coa Selección de baloncesto de Estados Unidos os Xogos Olímpicos de Melbourne 1956, onde lograron o ouro. Fixo, durante a súa tempada universitaria, un total de 9,8 puntos e 5,1 rebotes por partido.

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na segunda rolda do draft da NBA de 1956 polos Boston Celtics, aínda que non chegou a vestir a camiseta verde até 1958, tras dous anos de servizo militar. as súas 9 tempadas como profesional transcorreron na cidade de Massachusetts, onde coincidiu coa época dourada do equipo, logrando 8 campionatos. Tras perder nos play-offs de 1967 ante Philadelphia 76ers, K.C. retirouse das canchas.

Equipos[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

A súa etapa como adestrador principal comezou nos San Diego Conquistadors, un equipo da extinta liga ABA que desapareceu moi pronto. Previamente, fora asistente nos Lakers. De aí pasou aos Capital Bullets, onde permaneceu durante 3 tempadas (onde o equipo cambiou de nome a Washington Bullets). En 1978 entrou a formar parte do equipo de adestradores asistentes dos Celtics, non sendo até 1983 cando foi nomeado adestrador principal. Estivo cinco anos ocupando o banco en Boston, logrando dous títulos da NBA, con xogadores nas súas filas da talla de Larry Bird, Dennis Johnson, Robert Parish ou Kevin McHale, entre outros. Posteriormente dirixiu durante tempada e media aos Seattle SuperSonics.

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros persoais[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

  • Dous títulos da NBA.
  • Levou ao seu equipo a gañar durante tres tempadas consecutivas 60 ou máis partidos, record da NBA.
  • Catro veces consecutivas campión da Conferencia Leste (entre 1984 e 1988)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]