Cabra, Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cabra é un concello andaluz, da provincia de Córdoba. Abrangue 227,5 km², e no ano 2007 alcanzaba unha poboación de 21.087 habitantes. O xentilicio que designa os seus moradores é egabrense, -a.

Índice

[editar] Situación xeográfica

O concello de Cabra está sito no sur da provincia cordobesa, nun punto que se considera o centro mesmo da Andalucía. A cidade de Cabra dista 72 km da capital provincial, Córdoba.

Cabra está localizada entre as estribacións setentrionais das serras subéticas, e a cidade mesma érguese a unha altura media de 448 m.s.n.m., entre dous outeiros, ás beiras do río homónimo, afluente do Genil. A paisaxe é de tipo cárstico, con abundancia de accidentes xeográficos asociados, tipo simas e cavernas.

O clima da cidade é mediterráneo, pero un tanto continentalizado.

[editar] Economía

A base económica do concello é a agricultura, especialmente, a oliveira, e en segundo lugar a vide. A industria está asociada á transformación dos seus produtos.

[editar] Historia

Nas proximidades existen restos paleolíticos. Porén a ligazón histórica directa comeza durante o dominio romano, identificándose Cabra con a cidade de Egabrum, citada por Plinio o Vello. Durante o período visigodo, sábese que foi sede episcopal.

Logo da invasión musulmá de Hispania, a cidade ficou incorporada ao Al Ándalus. Foi tomada aos mouros polo rei Fernando III de Castela, en 1240. Pasou durante un tempo a estar controlada pola Orde de Calatrava, pero Sancho o Bravo rescatouna para a xurisdición real, en 1288. A mediados do século XV, o rei Henrique IV de Castela doouna a D. Diego Fernández de Córdoba.

[editar] Patrimonio cultural

  • Murallas da cidade, restos que proceden do século XIV.
  • Castelo dos condes de Cabra (ou duques de Sessa), século XIV, consérvanse dúas torres e parte do pazo, hoxe colexio das Escolapias.
  • Igrexa do convento das Madres Escolapias, de estilo barroco, altar-mor con varios cadros de Juan de Valdés Leal.
  • Igrexa de Nosa Señora dos Remedios, data de 1729; posúe unha talla da virxe da Soedade, de autoría de Pedro de Mesa.
  • Igrexa de San Xoán Bautista, igrexa tamén barroca; conserva un epígrafe visigótico, que demostra a ligazón da cidade coa antiga Egabrum.
  • Igrexa de Nosa Señora da Asunción e Anxos, barroca do XVII.
  • Casa de D. Juan Valera.
  • Museo Arqueolóxico Municipal, con restos egabrenses de diversas épocas.
  • Museo de Historia Natural.
  • Museo do Aceite, adicado a ese produto.

[editar] Egabrenses notorios

[editar] Festas

  • Semana Santa, celebrada con inusitado esplendor.
  • Santísima Señora da Serra, padroeira de Cabra, entre o 3 e o 8 de setembro.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas