Villaralto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Villaralto
Iglesia de San Pedro. Nocturno.JPG
Igrexa de San Pedro pola noite
Situación xeográfica
Villaralto-mapa.png
Estado: España España
Comunidade Autónoma: Andalucía Andalucía
Provincia: Córdoba
Comarca: Los Pedroches
Xeografía
Altitude: 585 msnm
Superficie: 23 km²
Poboación
Poboación total: 1.303 hab. (INE 2011)
Densidade de poboación: 56,65 hab./km²
Xentilicio: Villaraltero/a
Información
Código postal: 14490
Alcalde: Angel Gómez Fernández (IU)
Sitio na web: www.villaralto.es

Villaralto é un municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2005 contaba con 1.385 habitantes. A súa extensión superficial é de 23 km² e ten unha densidade de 60,2 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 27' N, 4º 59' O. Atópase situada a unha altitude de 585 metros e a 80 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Está comprendido dentro do conxunto de pobos que compoñen a comarca de Los Pedroches, situado no corazón xeográfico da mesma.

Villaralto limita cos concellos de El Viso, Hinojosa del Duque, Alcaracejos, Dos Torres e Villanueva del Duque. O seu edificio máis emblemático é a parroquia de San Pedro Apóstolo, con tres naves e torre do século XVIII. A festa máis coñecida é a romaría da Divina Pastora que se celebra na ribeira do Guadamatilla o primeiro domingo de maio. A economía está baseada na gandaría, a agricultura, algunhas industrias e establecementos varios.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
  • Villaralto - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía