Montalbán de Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMontalbán de Córdoba
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°34′58″N 4°44′58″O / 37.5829, -4.7494Coordenadas: 37°34′58″N 4°44′58″O / 37.5829, -4.7494
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Córdoba Editar o valor em Wikidata
CapitalMontalbán de Córdoba Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.465 (2023) Editar o valor em Wikidata (132,65 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie33,66 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude273 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataMiguel Ruz Salces (en) Traducir (2011–) Editar o valor em Wikidata
Orzamento2.990.000 € (2018) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal14548 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE14040 Editar o valor em Wikidata

Sitio webmontalbandecordoba.es Editar o valor em Wikidata

Montalbán de Córdoba é un municipio español situado no suroeste da provincia de Córdoba, na comunidade autónoma de Andalucía. O municipio atópase na comarca da Campiña Sur Cordobesa[1] e pertence ao partido xudicial de Montilla.[2] As súas coordenadas xeográficas son 37º 35' N, 4º 45' O.[3] Atópase a unha altitude de 273 msnm[4] e a uns 42 km da capital de provincia, Córdoba. A extensión do seu termo municipal é de 33,9 km².[4] No ano 2011 tiña 4.586 habitantes e unha densidade de poboación de 136,24 hab/km².[5]

O nome do municipio deriva do latín MONTEM·ALBANVM,[6] que significa "Monte Branco", evolucionando a Monte Albano, despois a Mont' Alban' e finalmente é Montalbán. Este nome é consecuencia da cor da terra do monte sobre o que se sitúa a localidade, que é de calcaria branca.[6]

Montalbán é moi coñecido polo seu cultivo do allo, sendo o primeiro produtor de allo de Andalucía e aglutinando o 37% da produción de allo da Unión Europea.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páxina oficial da comarca da Campiña Sur Cordobesa. "El territorio". Consultado o 9 de maio de 2013. 
  2. Partido Judicial de Montilla Arquivado 29 de xullo de 2009 en Wayback Machine., páxina da Consejería de Xustiza e Administración Pública da Xunta de Andalucía. (Consultado o 14 de febreiro de 2009).
  3. Instituto de Estadística de Andalucía (ed.). "Ubicación y coordenadas". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 9 de maio de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Xunta de Andalucía. (Consultado o 9 de maio de 2013).
  5. Cifras de población referidas al 01/01/2011 Real Decreto 2124/2008, de 26 de diciembre, páxina do Instituto Nacional de Estadística. (Consultado o 28 de agosto de 2011).
  6. 6,0 6,1 Los Pueblos de Córdoba; tomo 3, páxina 933. Córdoba (1993): La Caja, Obra Cultural. ISBN 84-606-0591-4
    (...) O seu topónimo, cuxas raíces de orixe latina se encontran na época de predominio castelán, fai referencia precisamente ao emprazamento da poboación e á cor da súa terra: Montalbán ou "monte branco". (...)
    (...) Montalbán atópase sobre un monte de branca calcaria -de onde provén o seu nome- (...)
  7. Diputación de Córdoba (ed.). "Agenda 21: Revisión Medioambiental Inicial (Montalbán)". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 11 de xullo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]