Añora
Coordenadas: 38°24′39.6″N 04°53′50.8″W / 38.411°N 4.897444°W
| Añora | |
|---|---|
| Casa do Concello | |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | |
| Provincia: | Córdoba |
| Comarca: | Los Pedroches |
| Xeografía | |
| Altitude: | 624 msnm |
| Superficie: | 112,57 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.552 hab. (INE 2011) |
| Densidade de poboación: | 13,79 hab./km² |
| Xentilicio: | Noriego/a |
| Información | |
| Código postal: | 14450 |
| Alcalde: | Bartolomé Madrid Olmo (PP) |
| Sitio na web: | www.anora.es |
Añora é un municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2010 contaba con 1.540 habitantes. A súa extensión superficial é de 111 km² e ten unha densidade de 13,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 24' N, 4º 53' O. Atópase situado a unha altitude de 624 metros e a menos de 90 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Historia [editar]
Añora fundouse como unha aldea dependente de Torremilano a finais do século XIV. Obtivo o seu título de vila independente en 1553 e desde entón formou parte das Sete Vilas do Val dos Pedroches, canda Pedroche, Torremilano, Torrecampo, Pozoblanco, Alcaracejos e Villanueva de Córdoba. Desde 1660 até 1747 estas vilas formaron o Marquesado do Carpio. Até comezos do século XX non se delimitaron os seus respectivos termos municipais. En Añora naceu Marcos Rodríguez Pantoja, o neno que viviu só en plena Serra Morena no Parque Natural da Serra de Cardeña e Montoro. Nesa experiencia vital está baseada a película do director de cine cordobés Gerardo Olivares Entre lobos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ayuntamiento de Añora
- Blog oficial del Ayuntamiento de Añora
- Añora, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía.
- La página de Añora.