El Carpio
Coordenadas: 37°56′N 04°30′W / 37.933°N 4.5°W
| El Carpio | |
|---|---|
| Vista da Torre de Garci Méndez desde a Praza da Constitución | |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | |
| Provincia: | Córdoba |
| Comarca: | Alto Guadalquivir |
| Xeografía | |
| Altitude: | 183 msnm |
| Superficie: | 46,68 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 4.555 hab. (INE 2012) |
| Densidade de poboación: | 97,58 hab./km² |
| Xentilicio: | Carpeño/-a |
| Información | |
| Código postal: | 14620 |
| Alcalde: | Francisco Ángel Sánchez Gaitán (IULV-CA) (2011) |
| Sitio na web: | www.ayunelcarpio.es |
El Carpio é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. Con 4.555 habitantes no ano 2012, unha extensión superficial de 47 km², tiña unha densidade de 96,3 hab/km². Está situado ao leste da provincia, desde os contrafortes de Serra Morena até o Guadalquivir, nunha paisaxe de fértiles terras de oliveiras, veigas e de cultivos herbáceos. Nas ribeiras do río existen uns soutos que resultan de grande interese natural pois serven de refuxio para numerosas aves acuáticas.
Tamén está situado xunto a dúas vías de comunicación importantes: a autovía A-4 (Madrid-Cádiz) e a liña de ferrocarril Madrid-Córdoba. No mesmo municipio de El Carpio, a poucos quilómetros do centro urbano e ao outro lado da autoestrada, encóntranse unha presa e unha central solar.
As súas coordenadas xeográficas son 37º 56' N, 4º 30' O. Atópase situada a unha altitude de 138 metros e a 30 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ayuntamiento de El Carpio
- El Carpio. Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
- Día de la Inmaculada