Villafranca de Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°57′N 04°32′W / 37.950°N 4.533°W / 37.950; -4.533

Villafranca de Córdoba
[[Ficheiro:Bandera de Villafranca de Córdoba.svg|130px]] [[Ficheiro:Escudo de Villafranca de Córdoba.svg|90px]]
RemediosvillafrancacordobaWK.jpg
Ermida da Nosa Señora dos Remedios
Situación xeográfica
Villafranca-de-Cordoba-mapa.png
País España España
Comunidade Autónoma Andalucía Andalucía
Provincia Córdoba
Comarca Alto Guadalquivir
Xeografía
Altitude 146 msnm
Superficie 58 km²
Poboación
Poboación 4.752 hab. (INE 2011)
Densidade 81,93 hab./km²
Xentilicio Villafranqueño/a
Información
Código postal 14420
Alcalde Francisco Javier López Casado (PSOE)
Páxina web www.villafrancadecordoba.es

Villafranca de Córdoba é unha vila e municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2005 contaba con 3.893 habitantes. A súa extensión superficial é de 58 km² e ten unha densidade de 67,1 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 146 metros e a 27 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Forma parte da Mancomunidade do Alto Guadalquivir cordobés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O casco urbano atópase na ribeira dereita do río Guadalquivir e ao pé de Serra Morena. A súa morfoloxía urbana responde aos denominados "pobos de chaira", pois carece de emprazamento defensivo, xa que a súa fundación produciuse cando a fronteira entre cristiáns e musulmáns se encontraba moi afastada, e polo tanto, ao abrigo de ataques.

Historia[editar | editar a fonte]

Acháronse restos arqueolóxicos de época prehistórica, e incluso relaciónase a localidade coa romana "Sacilis" (ou "Cecilia"), existindo un tramo na Vía Augusta nos seus arredores. Mais o seu actual emprazamento é de orixe medieval, cando no século XIV Pedro I de Castela lla cedeu ao seu "Reposteiro Maior", Martín López de Córdoba, con licenza para poboala con novos veciños, cun asentamento que foi estimulado con privilexios e franquías, de onde procede o seu nome actual, que en principio foi "Villafranca del Cascajar". Despois pasou á Orde de Calatrava e máis tarde aos Fernández de Córdoba, para acabar integrándose na casa de Medinaceli xa no século XVIII. Como curiosidade, apuntar que formaba parte do Reino de Jaén, un exclave, denominándose "Villafranca de las Agujas" até a división provincial de Javier de Burgos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villafranca de Córdoba