Montilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°35′N 04°38′W / 37.583°N 4.633°W / 37.583; -4.633

Montilla
[[Ficheiro:Flag of None.svg|130px]] [[Ficheiro:Escudo de Montilla.svg|90px]]
Montilla.jpg
Vista xeral de Montilla
Situación xeográfica
Montilla-mapa.png
País España España
Comunidade Autónoma Andalucía Andalucía
Provincia Córdoba
Comarca Campiña Sur Cordobesa
Xeografía
Altitude 371 msnm
Superficie 168,51 km²
Poboación
Poboación 23.870 hab. (INE 2011)
Densidade 141,65 hab./km²
Xentilicio Belalcazareño/-a
Información
Código postal 14550
Alcalde Federico Cabello de Alba Hernández (PP)
Páxina web www.montilla.es

Montilla é unha vila andaluza, con concello propio, pertencente á provincia de Córdoba. En 2001 a poboación do municipio alcanzaba 22.925 habitantes, sobre unha área de 167 km².

Situación[editar | editar a fonte]

Montilla está situada a uns 372 metros de altura, e a 49 km ao sur da capital provincial, Cordoba. A parte meridional do concello está accidentado polas alturas da serra do mesmo nome. O concello limita a noroeste con o de La Rambla; a nordeste con o de Castro del Río; ao sur con os de Cabra e Aguilar.

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura é a base productiva. Vides e oliveiras son as plantas básicas, en especial a primeira. Montilla, xunto con a cercana vila de Moriles, é famosa polos seus viños semi-xenerosos (finos) e xenerosos e, mesmo aínda os viños, que adquiren condicións semellantes, soen denominarse en España "amontillados".

Patrimonio artístico e cultural[editar | editar a fonte]

  • Casa do Inca Garcilaso de la Vega (1539-1610), que vivíu aquí.
  • Convento de Santa Ana, dos séculos XVI-XVII.
  • Convento de Santa Clara, de 1512, de estilo mudéxar.
  • Igrexa de San Sebastián, do século XVI, de estilo gótico-mudéxar
  • Convento de Santo Agostiño, dos séculos XVI-XVII.
  • Igrexa de Santiago, barroca do XVII, con torre de 1789.
  • Igrexa de San Luís, do século XVII.
  • Igrexa da Encarnación, do século XVIII.
  • Museo do Viño, nas ruínas do antigo castelo dos Fernández de Córdoba.

Nativos ilustres[editar | editar a fonte]

En Montilla faleceu Xoán de Ávila.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Velada de San Sebastián, na noite do 20 de xaneiro,
  • Festa da Cruz de Maio, o día 3 de maio,
  • Feira de San Francisco Solano, o 14 de xullo,
  • Festa da Vendima, a comezos de setembro.

Como en toda Andalucía, a Semana Santa goza de grande esplendor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montilla
  • Montilla no SIMA - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Junta de Andalucía