Diocese
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa relixión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo, etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados. En Galiza hai 5 bispados da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela:
- Santiago de Compostela (que é ademais arquidiocese ou arcebispado, con 48 arciprestados e 1071 parroquias).
- Mondoñedo-Ferrol (16 arciprestados e 423 parroquias).
- Tui-Vigo (16 arciprestados en 1994, 20 na actualidade, e 276 parroquias).
- Lugo (28 arciprestados e 1136 parroquias).
- Ourense (43 arciprestados en 1994, e 28 na actualidade, e 735 parroquias).
Hai ademais na Galiza territorial de administración política dous anacos que pertencen a outras dúas dioceses que non están completamente en Galiza:
- Astorga (cinco arciprestados do oriente ourensán).
- Oviedo (unhas poucas parroquias do oriente lugués).
O nome provén de tempos dos romanos, xa que se lle daba o nome de diocese ás divisións administrativas posteriores ao século III.
Un templo pertence a unha parroquia. Varias parroquias agrupadas pertencen a un decanato, os cales agrupados pertencen a unha diocese. As diocese pódense agrupar, á súa vez, en provincias eclesiásticas, á cabeza da cal áchase unha arquidiocese (tamén chamada arcebispado).
O termo diocese é utilizado por distintas denominacións cristiás, sendo a máis estendida a igrexa católica. Así a todo, outras igrexas cristiás (non todas) utilizan o mesmo sistema xerárquico.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- arquidiocese de Santiago de Compostela.
- diocese de Mondoñedo-Ferrol.
- diocese de Tui-Vigo.
- diocese de Lugo.
- diocese de Ourense.
- diocese de Astorga.
- diocese de Oviedo.
[editar] Ligazóns externas
- Arcebispado de Santiago de Compostela
- Diocese de Lugo (algúns en galego e outros en castelán)
- Diocese de Tui-Vigo (uns en galego, outros en castelán)
- Bispado de Mondoñedo-Ferrol (único integramente en galego)
- Bispado de Ourense (en castelán)
- Bispado de Oviedo (en castelán)
- Bispado de Astorga (en castelán) (dentro das de Castela e León)
- Xuntanza das cinco dioceses integramente galegas
- Arcebispado especificamente militar para todo o Estado
- Conferencia episcopal (dos bispos) española
- Unha outra páxina da Igrexa Católica (en inglés)
|
|
|
|
| arcebispado ou arquidiocese | arciprestado | bispado ou diocese | prelatura | provincia eclesiástica | vicaría ou vicariato |