Semana Verde de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Semana Verde de Galicia
Semana Verde no 2009.
Tipofeira de mostras
Data de fundación1978
PaísGalicia
Na rede
https://www.semanaverde.es
editar datos en Wikidata ]
Carteis anunciando a Semana Verde de 2018.

A Semana Verde de Galicia é unha importante feira do sector primario celebrada anualmente nos meses de maio ou xuño na localidade pontevedresa de Silleda. Comezouse a celebrar no ano 1978.

Para a celebración do evento habilitouse un recinto feiral que se rematou de construír no ano 1996 cando foi inaugurado polo rei Xoán Carlos I. Este recinto adoita coñecerse polo nome da feira, sendo habituais as expresións o recinto da Semana Verde ou a Semana Verde.

Sectores[editar | editar a fonte]

No evento danse cita varios sectores desde o forestal ata o gandeiro pasando polo alimentario; este último ten cabida dentro de Salimat (Salón da Alimentación do Atlántico).

Tamén hai numerosas mostras de artesanía, novas tecnoloxías, maquinaria e concursos de competición equina e canina.

A feira ten como obxectivo a promoción de actividades agropecuarias, agroindustriais, alimentarias, comerciais, sociais, educativos, de lecer...

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baamonde Silva, Xosé Manuel (2007). As feiras como espacio de comunicación profesional. O caso da Feira Internacional de Galicia - Fundación Semana Verde (1995-2004) (Tese). Universidade de Santiago de Compostela. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]