Refraneiro galego da muller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O refraneiro galego da muller, loxicamente, resulta amplísimo, polo que só se pode recoller aquí unha mostra non exhaustiva.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • A boa moza é coma a pera acelmosa, que ende coméndoa da gana de outra [1].
  • A besta e a muller, que a preste quen quixer [2].
  • A boa muller, a casa sábea encher [3].
  • A boa muller, de tarde en tarde na rúa déixase ver [3].
  • A boa muller, nin ha de ouvir, nin ha de ver [3].
  • A boa muller sin fama, nin boa nin mala [3].
  • Á burra e á muller polo pico lles entra a fermosura.
  • Á burra e á muller, a paus hainas que tanguer.
  • A cabeza da muller é o home [4].
  • Á dama ó desdén parece ben [5].
  • A dona é composta, se non fai o mandado, non dá mala resposta [6].
  • A dona, na casa; o home no traballo [6].
  • A dona, na rúa, composta; na igrexa, devota; no lar, facendosa; na casa, mañosa; no estrado, señora; na festa, modosa, e na cama xeitosa e graciosa [6].
  • A dona que moito mira, pouco fía [6].
  • A dona quer ser rogada, e non obrigada nin forzada [6].
  • A dona traballadora non quer home folgazán / lacazán [6].
  • A doncela debe ter a súa nai cabo dela [7].
  • A facenda da muller, sempre está feita e sempre por facer [3].
  • A filla casada, e sáennos xenros [8].
  • A filla da cabra, ¿qué ha de ser senón cabrita? [8].
  • A filla dala a quen a pida; o fillo hase mirar a quen se ha de dar [8].
  • A filla está millor mal casada que ben abarregada [8].
  • Á filla mala, diñeiros e casala [8].
  • A galiña pare cantando e a muller chorando [9].
  • A máis non poder, déitate coa túa muller [3].
A muller á ventana, perde máis que gana
  • A millor besta, quer aguillón, e a millor muller, quer varón [2].
  • A moza á beira do mozo requer a nai perto dela [1].
  • Á moza andadeira, crebarlle a perna [1].
  • A moza da praza, a porta barrida i a casa enlixada [1].
  • A moza da vila, casa porca e porta barrida [1].
  • A moza i a parra, non se ven ben se non lle erguen a faldra [1].
  • Á moza larpeiriña non hai pra que seguila [1].
  • Á moza louca, máis lle agrada o pandeiro que a touca [1].
  • Á moza mala a campana a chama; e a mala, mala, nin a campana nin nada [1].
  • A moza mala fai á súa ama brava [1].
  • A moza que mal lava, sete veces ferve a i-auga [1].
  • A moza quer o espello, porque lle dá consello [1].
  • A moza risoña, ben deixa ver que quer ser dona [1].
  • Á moza trouleira, súa nai á beira [1].
  • Á moza, casala co moco, e ó mozo, co bozo [1].
  • A moza, como é criada; a estopa, como é fiada [1].
  • A moza, pra festa; e pra casa, a besta [1].
  • A muller á ventana, perde máis que gana [3].
  • A muller á vela e o home ó timón [10].
  • Á muller afeitada, víralle a cara [3].
  • A muller aguda, co seu home se escuda [3].
  • A muller aliñada, antes de se vestir fai a cama [3].
  • A muller aseada, o berce feito i ela peiteada, tan logo está levantada [3].
  • A muller barbada, unha fai e outra garda [3].
  • Á muller barbuda, de lonxe a saúda [3].
  • Á muller beilar e ó burro ornear, o diaño debeullo ensiñar [3].
  • A muller boa é a que non soa [3].
  • Á muller brava, dalle corda larga [3].
  • A muller casada e honrada, a perna crebada pra que non salla da casa [3].
  • A muller casada, non viva descoidada [3].
  • Á muller casada, nunca noivo lle falta [3].
  • Á muller casada o seu home lle abasta, se é muller honrada [3].
  • A muller, caseira, e non paroleira [3].
  • A muller, co bo marido, crece coma o ovo batido [3].
  • A muller co seu home, ben está, anque sexa no monte [3].
  • A muller composta, ó seu home arreda doutra porta [3].
  • A muller composta quita o home doutra porta [11].
  • A muller de bo aliño, cría, fía, devana e vende o liño [3].
  • A muller de bo recaudo enche a casa hastra o tellado [3].
  • A muller descaseirada non fai boa casada [3].
  • A muller do cego, ¿pra quen se compón? [3].
  • A muller do escudeiro, bulsa grande e pouco diñeiro [3].
  • A muller do mariñeiro, cando hai peixe ten diñeiro [12].
  • A muller do pastor, pola noite se compón [3].
  • A muller e a besta a ninguién se empresta [3].
  • A muller e a besta que a empreste quen queira [3].
  • A muller e a cabra, a pata crebada [3].
  • Á muller e á cabra, corda larga [3].
  • A muller e a cabra é mala sendo fraca [3].
  • A muller e a esca, na faltriqueira [3].
  • A muller e a gaivota, canto máis vella máis tola [3].
  • A muller e a galiña, na casa con día [3].
  • A muller e a galiña, pequeniña [3].
  • A muller e a galiña, por andar pérdense axiña [3].
  • Á muller e á galiña, tórcelle o pescozo verás como queda mansiña [3].
  • A muller e a laranxa, non se han apretar moito, porque amargan [3].
  • A muller e a loba do máis feo se namora [3].
  • A muller é a mitá do home [3].
  • A muller e a moeda non gusta de estar queda [3].
  • Á muller e á mula, pola boca éntralle a fermosura [3].
  • A muller e a ovella, antes da noite na cortella.
  • A muller e a ovella, con día á cortella.
  • A muller e a ovella, con día na cortella [3].
  • A muller e a ovella, de día na cortella.
A muller e a sardiña, pequeniña
  • A muller e a pescada, sempre dá máis adiantada [12].
  • A muller é a primeira leira que pola mañán ve o labrego [3].
  • A muller e a sardiña por pequeniña, que, mentres a grande se agacha, ten xa varrida a cociña.
  • A muller e a sardiña, canto máis pequena máis fina [12].
  • A muller e a sardiña, canto máis pequeniña, máis sabrosiña.
  • A muller e a sardiña, canto máis pequerrechiña, máis riquiña [12].
  • A muller e a sardiña, na cociña [3].
  • A muller e a sardiña, pequena e escanchadiña [12][13].
  • A muller e a sardiña, pequeniña [3][14].
  • A muller e a sardiña, pequeniña i escachadiña [3].
  • A muller e a sardiña, pequeniñas [12].
  • A muller e a sardiña, polo máis pequechiña [14].
  • A muller e a sardiña por pequeniña, que, mentres a grande se agacha, ten xa varrida a cociña [15].
  • A muller e a sardiña, por pequeniña, xeitosiña [12].
  • A muller e a sartén, na cociña están ben [3].
  • Á muller e á sogra, dalle corda [3].
  • A muller e a tea quéroa á lus da candea [3].
  • A muller e a troita préndense pola boca [3].
  • A muller e a viña dan ó home alegría [3].
  • A muller e a viña faina o home garrida [3].
  • A muller é antoxadiza, e a cabra é espantadiza [3].
  • A muller é coma o melón: se é boa, non hai cousa millor; se é mala non a hai pior [3].
A muller é fogo; o home estopa; vén o demo e sopra
  • A muller é fogo; o home estopa; vén o demo e sopra [3].
  • A muller e mailo vento cambian nun momento [16].
  • Á muller e ó can o pau nunha man, e noutra mau o pan [3].
  • A muller e o muíño, queren uso contino [3].
  • A muller e o neno, soilo calan o que non souperon [3].
  • A muller e o ouro pódeno todo [3].
  • Á muller e ó papel todo lle has de ver [3].
  • A muller e o raposo, se perden a mañán, perden o día todo [3].
  • Á muller e ó souto abóndalles cun dono [3].
  • A muller e o vidro sempre están en perigro [3].
  • A muller e o viño sacan o home de tino [3].
  • A muller facendosa ten o pé no berce i as mans na roca [3].
  • A muller fai o home [3].
  • A muller fermosa quítalle o nome ó seu home [3].
  • Á muller festeira, créballe a perna [3].
  • A muller gamberneira, de festa en festa e de feira en feira [3].
  • A muller gobernadora, arrola o neno e fía na roca [3].
  • A muller ha de falar cando a galiña queira mexar [3].
  • A muller honesta, cando fai algo na casa está na súa festa [3].
  • A muller honrada, a perna crebada e na casa [3].
  • A muller honrada, coa porta pechada [3].
  • A muller limpa e composta, ó seu home quita doutra porta [3].
  • Á muller louca, máis lle gusta o pandeiro que a touca [3].
  • A muller máis asisada, ou sabe moito ou non sabe nada [3].
  • Á muller mala, non enfadala [3].
  • A muller moza e viúva, soila pouco dura [3].
  • A muller na casa, e o home na arada [3].
  • A muller na igrexa, santa, e na rúa, cabra [3].
  • A muller, na súa casa, e descalza [3].
  • Á muller na súa casa nada lle pasa [3].
  • A muller non dala a ver [3].
  • Á muller, ó cabalo e á mula, pola boca lles entra a fermosura [3].
  • A muller, ou sabe querer, ou sabe aborrecer [3].
  • A muller parida, nin farta nin limpa [3].
  • A muller pequeniña sempre é mociña [3].
  • A muller polida, a casa lixosa e a porta barrida [3].
  • A muller, por moito que a garden, non está millor gardada [3].
  • A muller preñada, ós tres meses encobre, ós catro quer e non pode [3].
  • Á muller primeiriza, primeiro se lle conoce no peito que na barriga [3].
  • A muller que a dous noivos quer ben, lévena os diaños, amén [3].
  • A muller que come a nata non ten sorte na manteiga [3].
  • A muller que cría do seu seo, é máis nai que a que dá o fillo a peito alleo [3].
  • A muller que é coidadosa deixa a gaita e colle a roca [3].
  • A muller, que goberne a casa, e o home a arada [3].
  • A muller que máis sabe, máis precisa que a garden [3].
  • A muller que moito mira, pouco fía [3].
A muller que moito se mira a cara, pouco atende a casa
  • A muller que moito se mira a cara, pouco atende a casa [3].
  • A muller que moito se pasea non tece a súa tea [3].
  • A muller que non come cando ó seu home, ou come antes, ou dispois come [3].
  • Á muller que non ha ser tola, búlanlle as maus e cálelle a boca [3].
  • A muller que non sabe cociñar, é coma gata que non sabe ratear [3].
  • A muller que non ten home, na abada come [3].
  • A muller que ó seu home queira ter gordiño dispois que coma o caldo déalle un gotiño [3].
  • A muller que pega ó seu home, fai ben, se pode [3].
  • A muller que pouco fía, sempre trai ruín camisa [3].
  • A muller rí cando pode e chora cando quer [3].
  • A muller sempre algo ha querer [3].
  • A muller sempre erra no escoller [3].
  • A muller, si é fermosa, gustarache; si é fea, cansarache; si é probe, animarate, e si é rica, mangonearate [3].
  • A muller sin mestre sabe mintir e chorar [3].
  • A muller soilo manda na cociña [3].
  • A muller tola i a camisa rota, logo saen á porta [3].
  • A muller ventaneira busca quen barata a queira [3].
  • A muller viuda non ten quen a sacuda [3].
  • A primeira muller, vasoira, i a segunda, dona [3].
  • A que é doncela sábeo Dios e mais ela [3].
  • A que non ten doncela sírvese ela [7].
  • A san Andrés van ás veces dous e volven tres.
  • Á túa muller estímaa polo que valla e non polo que traia [7].
  • Alzar sen vento, e parir sen tempo non pode ser.
  • Antes deixará o reiseñor de cantar, que a muller de parolar e chorar [7].
  • As festas do ano por onde quixeres, as Navidades, coas túas mulleres.
  • As mulleres cando paren acórdanse de san Ramón, e cando os están facendo, nin santo nin devoción [17].
  • As mulleres, onde están, sobran; e onde non están, boa falta fan [7].
  • As mulleres, ou matalas, ou deixalas [7].
  • As mulleres sempre escollen o pior [7].
  • Ás nove, déitate, home; ás dez, muller, ¿ti vés? [18].
  • As que ó muíño van, se son bonitas logo as moerán [19].
  • As saias das mulleres dan chispas [20].
  • Ás solteiras mel, ás casadas fel.
  • Ben parece a moza garrida cabo da barba cumprida [1].
  • ¡Boa moza levas, Pedro! Ela o dirá co tempo [1].
  • ¿Boa moza con diñeiro, eu forasteiro e a min ma dan? ¡Tarantarantán! [1].
  • Brasa trai no seo a que cría fillo alleo [8].
  • Cabrito de mes, porco de tres, muller de dezaoito e home de vinte e tres.
  • Cada parto un sobresalto [21].
  • Cada parto unha ventura [21].
  • Cando a filla está casada, aparécennos os xenros [8].
  • Cando a muller merca moito, o seu home vende pronto [3].
  • Cando á tua filla lle viñera o fado, cásaa de contado [8].
  • Cando o home mexa nas botas non pensa nas mozas [18].
  • Cando o home ten leiras que traballar, e a muller fariña que amasar, na casa non falta pan [22].
  • Cando un home está de sorte, ata a muller lle pare doutro [14].
  • Cando vos pedimos, dona vos decimos; e cando vos temos chamámosvos como queremos [6].
  • Canto máis chore a muller, menos doo se lle ha ter [3].
  • Casa o fillo cando quixeres, e a filla cando poideres [8].
  • Casa o fillo cando quixeres, e a filla canto máis antes poderes [8].
  • Catro mulleres, catrocentos pareceres [3].
  • Coa muller e co diñeiro, non te mofes, compañeiro [3].
  • Composta non hai muller fea [3].
  • Con media muller abonda [3].
  • Con mulleres entrarás cando quixeres, e sairás cando poideres [3].
  • Condición é de mulleres despreciar o que lle deres, e morrer polo que lle negues [3].
  • Da muller e do mar non hai que fiar [3].
  • Dáme a dama ben vestida, e dareicha belida [5].
  • Dame a moza vestida, que eu cha darei belida [1].
  • Dáme un maridiño rico, aínda que sexa un borrico.
  • Dame unha pega sin mancha, dareiche unha maza sin chata [23].
  • De bos e millores, véñanlle á miña filla rondadores [8].
  • De home maricas e de muller cabalón, libértanos, Señor [18].
  • De muller que sabe latín, e mula que fai ¡hin!, arrenega hastra o fin [3].
  • De noite non hai muller fea [3].
  • De San Miguel a San Miguel, nin rosario nin muller [24]
  • De San Xoan, Santiago i agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo estarei ó voso lado [3].
  • Dona que pouco fía, sempre fai ruin camisa [6].
  • Door de muller morta dura hastra a porta [3].
  • En agosto, nin muller nin mosto [25].
  • En agosto, nin viño, nin muller, nin mosto [26].
  • En coxeira de can e bágoas de muller, n-hai que crer [27].
  • En pan encetado corta quen quer [27][28].
  • Enfermidade de nove meses nas mulleres, cúrase antes dos dez meses.
  • Entre moza e mozo convén sempre un muro groso [1].
  • Entre o sí e o non das mulleres, non cabe a punta dun alfinete [3].
  • Filla deshonrada, nin viuda nin casada [8].
  • Fillos, das tuas bragas; bois, das tuas vacas [8].
  • Fume, pingueira e muller larateira, fan fuxir ao home da casa á carreira [29].
  • Gardar ben unha muller, non pode ser [3].
  • Home bermello e muller barbuda, de lonxe os saúda [18].
  • Home casado, muller é.
  • Home casado, nin muller é.
  • Home sen fortuna: parto da porca en maio e da muller na seitura.
  • Home sin muller, home non é [18].
  • Home tramposo e muller mentireira, doullos a quen os queira [18].
  • Horta e torta, moza, poldra e muller que mira mal, quérense saber tratar.
  • Ir romeira, e voltar rameira [30].
  • Máis quero moza feita que moza desfeita [1].
  • Máis vale preñada que cega.
  • Media moza está na tenda, e outra media anda de xeira [1].
  • Mentras moza a troulear; dispois de vella a rezar [1].
  • Millor é a moza de criar que de casar [1].
  • Millor parece a filla mal casada, que ben barregañada [8].
  • Moza boa, boa é [1].
  • Moza con vello casada, como vella hai que tratala [1].
  • Moza de Deza e vaca da Ulla, de cento unha [1].
  • Moza de mesón non dorme sono con sazón [1].
  • Moza fun e vella vou, e nunca tal me pasou [1].
  • Moza garrida, ou ben ganada ou ben perdida [1].
  • Moza probe e ben vestida, cheira moito a chamusquiña [1].
  • Moza que de sí non torna é porta sin tarabelo [1].
  • Moza que moito se arrisca, ou quer noivo ou quer trisca [1].
  • Moza rinchadeira, tarambaina ou paroleira [1].
  • Moza riseira, ou puta ou peideira [14].
  • Moza riseira, trouleira e ventaneira, pra quen a queira [1].
  • Mozas tolas e por casar, é mal gando de gardar [1].
  • Mozas, cantá e bailá, que eu... xa, xa [1].
  • Muller boa e honrada é a que coida a súa casa [3].
  • Muller casada que outo fía, o fuso lle cai e o cu lle asubía [14].
  • Muller casada? burra e amolada.
  • Muller caseira, a filla primeira [3].
  • Muller composta na rúa posta, a todo malo está disposta [3].
  • Muller costureira e home troiteiro, nin bo arranxo, nin bo palleiro [31].
  • Muller costureira e home troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro [3].
  • Muller do cego que se compón moito ¿non se compón pra que a vexan outros? [3].
  • Muller e forno, con unha hai dabondo [3].
  • Muller fiandeira e lareteira, millor na cas que na eira [3].
  • Muller gobernadeira, domingo de Antroido lava a salgadeira.
  • Muller goberneira, cría o seu fillo e fía a súa tea [3].
  • Muller, ímonos deitar, que temos que traballar.
  • Muller lambeteira revolve a cociña enteira [3].
  • Muller lareteira, pra quen a queira [3].
  • Muller larpeira, ou ladra ou meiga [3].
  • Muller morta, sete á porta [3].
  • Muller moza e con coche, na facenda fai esmoche [3].
  • Muller moza e viuda, pouco dura, porque se deixa comer de madura [3].
  • Muller parida, carreiras abaixo, carreiras arriba.
  • Muller que asubía e fía de pé, nunca boa é [3].
  • Muller que asubía e mexa de pé, non será home, pero muller non é [3].
  • Muller que asubía, vaca que esgurría e galiña que canta coma o capón, na miña casa non [32].
  • Muller que corre, seguida quer ser [3].
  • Muller que de si non torna, é porta sin tarabelo [3].
  • Muller que do cuco fiou, ou era moi burra ou cucar desexou.
  • Muller que moito bebe, tarde paga o que debe [3].
  • Muller que moito fala, ó millor desbarra [3].
  • Muller que non colle o fuso e home que colle a cana, dádeos de boa gana [33].
  • Muller que sabe latín, non sirve pra min [3].
  • Muller rincheira, ou puta ou peidorreira [34]
  • Muller que ten bigote pode máis que o home [3].
  • Muller sin home é como lume sin leña [3].
  • Muller tapada, esconderse quer [3].
  • Muller ventaneira, fuxe dela á carreira [3].
  • Muller, vento e ventura, logo se mudan [3].
  • Mulleres á eira e viño en coeira' [3].
  • Mulleres e chamineias, unha por casa [35]
  • Mulleres e malas noites matan ós homes [3].
Mulleres e viño sacan ó home do bo camiño
  • Mulleres e viño sacan ó home do bo camiño [3].
  • Na casa da muller rica, o home cala i ela repica [3].
  • Nin frores en marzo, nin muller sin vergonza.
  • Nin marzo con frores, nin moza sin amores [36].
  • Nin moza de mesoneiro, nin saco de carboeiro [1].
  • Nin moza sin amor, nin vello sin door [1].
  • Nin moza sin espello, nin vello sin consello [1].
  • Nin o barco anda sin vento nin a muller pare sin tempo.
  • Nin sábado sin sol, nin moza sin amor, nin vella sin door [37].
  • No andar e no haber, conócese a muller [3].
  • Non amanses poldros nin chúfe-la muller doutro.
  • Non cabalgues en poldro nin a túa muller gabes a outro.
  • Non collas por dona muller respondona.
  • Non collas por dona muller respostona [6].
  • Non é brava a muller que cabe na casa [3].
  • Non hai branca sin chata nin morena sin gracia [14].
  • Non hai moza ben gardada, se ela se non quer gardar [1].
  • Non hai muller branca que non teña a súa chata, nin hai muller morena que gracia non teña [3].
  • Non hai sábado sin sol nin romeiro sin frol, nin rapaza sin amor [37].
  • Non pesques con anzó de ouro nin montes poldro novo nin a túa muller gabes a outro.
  • Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller doutro.
  • Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller pouco nin moito.
  • Non se sabe o que pode ensinar á muller a bailar e ó burro a ornear.
  • Non te fíes de mulleres, nin emprestes a parentes [3].
  • Nunca amanses poldros nin chufes á muller doutro.
  • O amor á muller bota ás veces o home a perder [3].
  • O amor da muller, na roupa do seu home tense que ver [3].
  • O cabalo e a muller, a ninguén se han de ofrecer [38].
  • O caldo das paridas, non lle fai mal ás preñadas [39].
  • Ó can qué mexar, e á muller qué falar, nunca lles ha faltar [40].
  • O día da boda deixade á noiva que se compoña [41].
  • O día que a miña muller amasa, hai alegría na casa [41].
  • O día que me casei, boa cadea me botei [41].
  • O día que me casei, un burriño aluguei [42].
  • O fillo da miña filla ponmo onda lareira na cociña; i o da miña nòra, dalle un codecho de pan pra que vaia pra fóra [8].
  • O fillo do meu home non come; o fillo alleo nunca se ve cheo [8].
  • O home, con guedellas; e a muller, sin elas [18].
  • Ó home de máis saber, unha muller bótao a perder [18].
  • O home é lume, e a muller é estopa; vén o demo e sopra [18].
  • O home gana a facenda, e a muller consérvaa [18].
  • O home muller é [20].
  • O home, na leira; a muller, na lareira [18].
  • O home, na praza; a muller, na casa [18].
  • O home, nin muller é.
  • O home, que faga un cento; a muller, que nona toque o vento [18].
  • O mar e a muller hanse de lonxe ver.
  • O menor erro que pode facer, é casarse a muller [3].
  • Ó mozo amañado, a muller ó lado [43].
  • O mozo estrevido é da moza máis querido [43].
  • O ovo ben batido, hincha como a muller co bo marido [44].
  • O pai que a súa filla quixer casar, déalle o cenfollas a lavar [45].
  • O pranto da muller morta, non pasa da porta [3].
  • Ó probe, a muller e a gata; ó rico, a pocha e a vaca [46].
  • O que fai dona á doncela e non se casa co ela trai sempre a vida en pena [7].
  • O que non ten muller, ben a quixera ter [3].
  • O que non ten muller, moitos ollos ha mester pra gardalo seu haber [3].
  • O que quer a muller, eso se ha facer [3].
  • O que ten unha muller boa e a perde non sabe o que gana.
  • Onde non hai muller, todo anda como Dios quer [3].
  • Os beixos non fan fillos pero tocan a vísporas [27].
  • Os fillos da miña filla, todos meus netiños son; os fillos da miña nòra, quizáis si ou quizáis non [8].
  • Parir e non criar, é como restrillar e dar a fiar [9].
  • Parto inchado, parto abenzoado [21].
  • Parto mollado, parto adiantado [21].
  • Pasa por boa muller a que barre ó amañecer [3].
  • Pola muller entrou o mal no mundo [3].
  • Por san Andrés, quen non ten porco, mata a muller.
  • Pra a muller, o casar é fiar, pero o parir é chorar [3].
  • Pra a muller que se garda, non hai ocasión que valla [3].
  • Pra doncela honesta, o facer algo é unha festa [7].
  • ¿Pra que vai ó baño a negra, se negra se queda? [47].
  • Quen boa muller ten, seguro vai e seguro vén [3].
  • Quen non ten máis que unha filla non pode ter máis dun xenro [8].
  • Quen pariu que arrole, e senón, pasar sin home [9].
  • Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.
  • Quen rico ser queira, que teña egua parideira e muller goberneira.
  • Quen ten muller, ten o que ha mester [3].
  • Se as vellas son loucas que faran as mozas [48].
  • Se moito as gabas e regalas, as boas fillas volveralas malas [8].
  • Se queres ve-la túa muller morta, dálle a comer samborga.
  • Se tivéra-la túa casa a arder, a túa muller a morrer, e no teu cu un abelleiro, ¿a quen acodirías primeiro?
  • Se vas á feira a feirearte, tes que comporte e amañarte [49].
  • Sofrirei filla golosa e albendeira, mais non fenestreira [8].
  • Sogra e nora, can e gato, non comen no mesmo prato [50].
  • Ti dona i eu dona, ¿quen barrerá a porta? [6].
  • Ti dona i eu dona, ¿quen botará o porco fóra? [6].
  • Tres mulleres, trinta pareceres [3].
  • Val máis unha muller guisando, que un cento latricando [3].
  • Vamos mozas a San Brais, que festas non quedan máis [51].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 Eladio Rodríguez González, s. v. moza.
  2. 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
  3. 3,000 3,001 3,002 3,003 3,004 3,005 3,006 3,007 3,008 3,009 3,010 3,011 3,012 3,013 3,014 3,015 3,016 3,017 3,018 3,019 3,020 3,021 3,022 3,023 3,024 3,025 3,026 3,027 3,028 3,029 3,030 3,031 3,032 3,033 3,034 3,035 3,036 3,037 3,038 3,039 3,040 3,041 3,042 3,043 3,044 3,045 3,046 3,047 3,048 3,049 3,050 3,051 3,052 3,053 3,054 3,055 3,056 3,057 3,058 3,059 3,060 3,061 3,062 3,063 3,064 3,065 3,066 3,067 3,068 3,069 3,070 3,071 3,072 3,073 3,074 3,075 3,076 3,077 3,078 3,079 3,080 3,081 3,082 3,083 3,084 3,085 3,086 3,087 3,088 3,089 3,090 3,091 3,092 3,093 3,094 3,095 3,096 3,097 3,098 3,099 3,100 3,101 3,102 3,103 3,104 3,105 3,106 3,107 3,108 3,109 3,110 3,111 3,112 3,113 3,114 3,115 3,116 3,117 3,118 3,119 3,120 3,121 3,122 3,123 3,124 3,125 3,126 3,127 3,128 3,129 3,130 3,131 3,132 3,133 3,134 3,135 3,136 3,137 3,138 3,139 3,140 3,141 3,142 3,143 3,144 3,145 3,146 3,147 3,148 3,149 3,150 3,151 3,152 3,153 3,154 3,155 3,156 3,157 3,158 3,159 3,160 3,161 3,162 3,163 3,164 3,165 3,166 3,167 3,168 3,169 3,170 3,171 3,172 3,173 3,174 3,175 3,176 3,177 3,178 3,179 3,180 3,181 3,182 3,183 3,184 3,185 3,186 3,187 3,188 Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  4. Eladio Rodríguez González, s. v. cabeza.
  5. 5,0 5,1 Eladio Rodríguez González, s. v. dama.
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 Eladio Rodríguez González, s. v. dona.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 7,8 Eladio Rodríguez González, s. v. doncela.
  8. 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 8,13 8,14 8,15 8,16 8,17 8,18 8,19 Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
  9. 9,0 9,1 9,2 Eladio Rodríguez González, s. v. parir.
  10. Clodio González Pérez, 144.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández, 260.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 Lino Lema Bouzas: Ditos e cantigas mariñeiras, 1.
  13. ´´Escanchada’’, de ‘’escanchar’’, significa aberta, esparrada (a sardiña) ou aberta de pernas (a muller).
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  15. Elixio Rivas Quintas (2001).
  16. Lino Lema Bouzas: Ditos e cantigas mariñeiras, 2.
  17. San Ramón Nonato, avogoso das mulleres preñadas e dos meniños acabados de nacer.
  18. 18,00 18,01 18,02 18,03 18,04 18,05 18,06 18,07 18,08 18,09 18,10 18,11 18,12 Eladio Rodríguez González, s. v. home.
  19. Eladio Rodríguez González, s. v. muíño.
  20. 20,0 20,1 Elixio Rivas Quintas (1988).
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 Eladio Rodríguez González, s. v. parto.
  22. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn.
  23. Eladio Rodríguez González, s. v. pega.
  24. Porque as noites son curtas e hai que aproveitar para durmir.
  25. Real Academia Gallega, s. v. agosto.
  26. Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.
  27. 27,0 27,1 27,2 José María Pereda Álvarez (1953).
  28. O refrán aplícase ás mozas que xa tiveron relacións sexuais polo que, de acordo co machismo habitual do refraneiro, xa poden ser de calquera. Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  29. Xosé Luís Franco Grande (1972).
  30. Eladio Rodríguez González, s. v. ir.
  31. Eladio Rodríguez González, s. v. costureira.
  32. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No texto: nón.
  33. Clodio González Pérez, 143.
  34. Rincheira, muller que ríe moito.
  35. Porque máis, rifan. Elixio Rivas Quintas (1988).
  36. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
  37. 37,0 37,1 Eladio Rodríguez González, s. v. sábado.
  38. Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.
  39. Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.
  40. Eladio Rodríguez González, s. v. can.
  41. 41,0 41,1 41,2 Eladio Rodríguez González, s. v. día.
  42. Di a muller.
  43. 43,0 43,1 Eladio Rodríguez González, s. v. mozo.
  44. Eladio Rodríguez González, s. v. ovo.
  45. Eladio Rodríguez González, s. v. cenfollas.
  46. Sobreenténdese que unhas paren ó pobre e outras ó rico.
  47. Eladio Rodríguez González, s. v. negra.
  48. Juan Sobreira Salgado: Papeletas.
  49. Eladio Rodríguez González, s. v. feira.
  50. Miguel Rubinos Conde 2013.
  51. Elixio Rivas Quintas (1978).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor, Lugo 1977.
  • MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978.
  • PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52.
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
  • RISCO, Vicente: "Folklore de Coaledro (Ourense)" en Nós 127-138, 1935, 108-111.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • RUBINOS CONDE, Miguel: "Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 487-502.
  • SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.

Outros artigos[editar | editar a fonte]