A cebada na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cebada ou orxo.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • Á besta comedora, pedras na cebada [1].
  • A burro morto, cebada ó rabo.
  • A burro vello, a millor cebada e o pior aparello.
  • A cabalo morto, cebada ó rabo [2].
  • A cabalo vello, pouca ferraia e moita cebada [2].
  • A cebada, na lameira; o trigo, na poeira [3].
  • A home parlanchín e faco relinchón, pouca cebada e moito albardón [4].
  • Asno morto, a cebada ó rabo.
  • Besta sen cebada, nunca fixo boa cabalgada [1].
  • Burro vello tamén quer a súa cebada.
  • cabalo morto, cebada ó rabo [5].
  • Cebada, a que eu quixere; e trigo, o que Dios me dere [3].
  • Cebada do día non fai andar a cabalaría [6]
  • Cebada do día non fai andar moito á cabalaría.
  • Cebada e regalo fan o bo cabalo [3].
  • Cebada enriba de esterco, agárdaa certo; e se o ano é mollado, perde coidado [3].
  • Cebada, pra marzo; leña, pra abril, e trigo, pra maio [3].
  • Dou ó demo a besta que non gana a cebada [1].
  • Febreiro, cebadeiro [7].
  • O que en agosto e setembre non dá cebada, en San Xoán non fai xornada [8].
  • O que en agosto non dá cebada, en San Xoán non fai xornada [3].
  • Se en agosto e setembro non dás cebada, en todo o ano non poñas albarda.
  • Se en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda [9].
  • Sete pitas e un galo comen a cebada dun cabalo [10].
  • Si en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda.

Cantigueiro[editar | editar a fonte]

  • Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo a mallar o centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ ai, roxiña, miña namorada [11].
  • Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo malla-lo centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ vén, roxiña, miña namorada [12].
  • Ise burro que eí ornea,/ ornea pola cebada;/ non a ha levar esta noite/ tampouco de madrugada [13].
  • O crego vendeu a besta/ por lle non da-la cebada/ i agora vai ós enterros/ dacabalo da criada [14].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
  2. 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.
  4. Eladio Rodríguez González', s. v. home.
  5. José María Pereda Álvarez (1953).
  6. Eladio Rodríguez González, s. v. cebada. No orixinal: Cebada do día non fai a cabalaría.
  7. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  8. Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: qu’en, da, San Juan, jornada.
  9. Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: Si, año.
  10. Eligio Rivas Quintas, s. v. galo.
  11. Bouza Brey 1929, 176
  12. Xaquín Lorenzo Fernández, 34. No orixinal: ven, mallalo.
  13. Xaquín Lorenzo Fernández, 90. No orixinal: ehí, nona.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: dala.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]