O ubre da vaca na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ubre dunha vaca.

Non é pouca a presenza do ubre na cultura popular galega, maiormente o ubre da vaca, como era de esperar. Nomes populares que recibe en Galicia o ubre son os de cocho ou remollo. O xénero feminino, por influxo do castelán, tamén está moi estendido nos falantes. Os tetos tamén reciben o nome popular de tetas e, no léxico das adiviñas, os de correfontes, cichafontes, manafontes ou mexafontes.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • Á vaca alugada enxóitanlle os tetos.
  • Á vaca emprestada, os tetos se lle secan.
  • A vaca, canto máis se munxe, máis grande ten o teto.
  • A vaca, canto máis se muxe, máis grandes ten os tetos.
  • A vaca, ó tocarlle na ubre, leite dá.
  • A vaca, para ser leiteira, ha de ter ubre larga, os cornos aguzados e os fuciños achatados.
  • A vaca, para ser leiteira, ten que ter o teto longo, corna aguzada e fuciño mocho.
  • A vaca, pra ser leiteira, ha de ter ubre larga, os cornos afilados e o fociño achatado.
  • As vacas de Cancelada, muito ubre e pouca canada.
  • As vacas de Ponferrada, moito ubre e pouca canada.
  • Canto máis se munxe a vaca, máis os tetos se lle agrandan.
  • Canto máis se munxe a vaca, máis remollo saca.
  • Canto máis se munxe a vaca, máis se lle aguza a teta.
  • Canto máis se munxe a vaca, o teto máis se lle agranda.
  • Inda máis se muxe a vaca, máis teto saca.
  • Nin vaca de moito ubre nin home de moito fume.
  • Os de Lubre, toman o leite da ubre.
  • Vaca alugada, tetos enxoitos.
  • Vaca de Cancelada, moito ubre e pouca canada.
  • Vaca de Ponferrada, moito ubre e pouca canada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]