Carlos Arroyo
| Boston Celtics – No. 20 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de xullo de 1979 (33 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
| Peso | 91 kg (200 lb) |
| Instituto | Colegio Santiago Apóstol |
| Información da carreira | |
| Universidade | Florida International |
| NBA Draft | 2001
Escollido por Non drafteado |
| Carreira | dende 1996 |
| Historial de equipos | |
| Fajardo Cariduros (Puerto Rico) (1996-1997) Cangrejeros de Santurce (Puerto Rico) (1998-2003) Toronto Raptors (2001-2002) Denver Nuggets (2002) TAU Cerámica (2002) Utah Jazz (2002-2005) Detroit Pistons (2005-2006) Orlando Magic (2006-2008) Maccabi Tel Aviv B.C. (Israel) (2008-2009) Miami Heat (2009-2011) Boston Celtics (2011-actualidade) |
|
| Información en nba.com | |
Carlos Alberto Arroyo Bermúdez, nado o 30 de xullo de 1979 en Fajardo, Puerto Rico, é un xogador de baloncesto profesional portorriqueño, que xoga de base para os Boston Celtics. Arroyo é o quinto xogador de Puerto Rico que xoga na NBA. Na tempada 2008-09, xogou para o Maccabi Tel Aviv na Israeli Basketball Super League, gañando o campionato e sendo nomeado o mellor xogador da final.
Arroyo xogou na NBA, NCAA, e na Liga de baloncesto de Puerto Rico cos Cangrejeros de Santurce e os Cariduros de Fajardo. Arroyo tamén xogou en España, no TAU Cerámica. Arroyo foi membro da selección portorriqueña de baloncesto que derrotou aos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 2004. Tamén representou a Puerto Rico no Mundial de Baloncesto de Xapón no ano 2006.