Nick Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nick Anderson
Posición Escolta
Dorsal 25
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso 93 kg (205 lb)
Nacemento 20 de xaneiro de 1968 (46 anos)
Flag of Illinois.svg Chicago, Illinois
Carreira
Tempadas 19892002
NBA Draft 1989 / Rolda: 1 / Elección: 11

Escollido por Orlando Magic

Universidade Illinois
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     11 529 (14,4 pp)
Asistencias     2 087 (2,6 pp)
Roubos     1 114 (1,4 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable

Nelison "Nick" Anderson, nado o 20 de xaneiro de 1968 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou como profesional na NBA na década dos 90. Con 1,98 metros de altura, xogaba na posición de escolta. A maior parte da súa carreira discorreu nos Orlando Magic.

Carreira[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Estudou e xogou durante dous anos na Universidade de Illinois, onde fixo uns bos números de 17,3 puntos e 7 rebotes por partido. En 1989 declarouse elixible para o Draft da NBA.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido na primeira rolda do Draft de 1989 polos Orlando Magic no posto undécimo. Os Magic, un equipo de recente creación, comezaban a formar un excelente cadro de xogadores, xa que, á incorporación de Anderson, habería que engadir en anos posteriores as de Shaquille O'Neal e Anfernee Hardaway. A conexión entre o tres funcionou á perfección, levando ao equipo a disputar a súa primeira final da NBA en 1995.

Dous feitos notables, un positivo e outro negativo, ocorreron nos play-offs dese ano para Anderson. O primeiro ocorreu no primeiro partido da semifinal da Conferencia Leste, que lles enfrontaba aos Chicago Bulls. Faltando 20 segundos e perdendo por un punto, Anderson roubou o balón a Michael Jordan, anotando a canastra da vitoria. Ao final os Magic gañaron a eliminatoria por 4 a 2. Plantáronse na final, despois de gañar aos Indiana Pacers en 7 partidos, contra os Houston Rockets. E, no primeiro partido da final, ocorreu un feito que marcaría a súa carreira: a poucos segundos do final, Anderson fallou 3 tiros libres consecutivos, cando o seu equipo gañaba de 3 puntos. No seguinte ataque, Kenny Smith anotaría unha tripla, levando o partido á prórroga, e facéndose finalmente coa vitoria o equipo de Texas, e finalmente, o seu segundo campionato consecutivo. Tanto marcou este feito a Anderson, que desenvolveu un pánico excesivo á liña de tiros libres, tanto que na seguinte tempada fixo tan só un 40% de acerto, algo moi pouco usual nun xogador profesional.

En 1999 foi traspasado a Sacramento Kings, onde aínda mantivo o tipo na súa primeira tempada na costa Oeste, pero veuse abaixo na segunda por mor das lesións. Foi traspasado a Memphis Grizzlies no verán de 2001, onde apenas puido xogar 15 partidos, acabando por retirarse do baloncesto en activo. Nas súas 13 tempadas na elite fixo 14,4 puntos e 5,1 rebotes por partido.

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros persoais[editar | editar a fonte]

  • É o xogador que máis partidos e minutos disputou cos Magic (602 e 22.440 respectivamente), ademais de ser o que máis puntos conseguiu (10.650), roubos fixo (1.004) e maior número de lanzamentos anotados (4.075).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]