Bordo medial da escápula
Bordo medial da escápula | ||
---|---|---|
Bordo medial da escápula | ||
Latín | margo medialis scapulae | |
Gray | tema #50 206 |
O bordo medial ou vertebral é un dos tres bordos da escápula. É o bordo máis longo dos tres, estendéndose dende o ángulo superior da escápula ata o ángulo inferior. Forma un traxecto curvo moi aberto cara a dentro. A espiña escapular distorsiona o bordo medial, formándose un ángulo obtuso.
O bordo está comoposto por dous beizos e un suco entre eles. No beizo anterior insírese o músculo serrato anterior, ao longo de todo o traxecto. No suco insírese o músculo elevador da escápula na zona periférica á espiña. Por debaixo insírense de arriba cara a abaixo, o músculo romboide menor e o romboide maior. No beizo posterior insírese o músculo supraespiñal por encima da espiña e o infraespiñal por debaixo dela.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.