Músculo palmar curto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Musculuspalmarisbrevis.png

O músculo palmar curto é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. É un pequeno músculo intrínseco da man, de forma cuadrangular. Sitúase baixo a pel e cobre os músculos da eminencia hipotenar, a arteria cubital e a póla superficial do nervio cubital na zona interna da palma. Orixínase na aponeurose palmar e no retináculo flexor e se insire na dermis da pel do bordo medial da man.

Índice

Función [editar]

O palmar curto deprime a conca da palma ao tensar a pel sobre a eminencia hipotenar e forma un suco nítido, o que pode mellorar a función de presa.

Inervación [editar]

O palmar curto está inervado pola póla superficial do nervio cubital.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior. (en castelán)