TD Garden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TD Garden
TD Garden.JPG
Flag of the United States.svg TD Garden
Datos
Localización Flag of Massachusetts.svg Boston, Massachusetts
Outros nomes Shawmut Center (1995)
FleetCenter (1995-2005)
TD Banknorth Garden (2005-2009)
Construción
Inauguración 30 de setembro de 1995
Arquitecto Ellerbe Becket, Inc.
Custo $165 millóns
Estadio
Capacidade Baloncesto: 18.624
Hóckey sobre xeo: 17.565
Propietario Delaware North Companies
Localía Boston Celtics (NBA)
Boston Bruins (NHL)
Boston Blazers (NLL)
Eventos

O TD Garden é un pavillón deportivo localizado no barrio North End, Boston, Massachusetts. O nome actual ven dado polo seu patrocinador, o banco TD Banknorth, pero a miúdo é chamado simplemente polo seu nome coloquial ou tradicional The Garden ou Boston Garden, sendo anteriormente coñecido como FleetCenter e Shawmut Center. É o pavillón de xogo dos Boston Celtics da NBA, dos Boston Bruins da liga de hockey sobre xeo NHL e a partir de 2008 dunha franquía da liga de Lacrosse NLL, os Boston Blazers.

Historia[editar | editar a fonte]

TD Banknorth Garden

O pavillón foi construído para substituír ao mítico Boston Garden. O 5 de xaneiro de 2005, o dono do Fleet Center, Delaware North Companies, anunciou un acordo que deixou á Delaware North libre de mercar os dereitos do nome a outro patrocinador. E o 3 de marzo de 2005, o banco TD Banknorth, filial do Toronto-Dominion Bank, anunciou a merca dos dereitos do nome. A compañía nomeou ao pavillón TD Banknorth Garden, en honor ao histórico Boston Garden.

Como dato curioso, o FleetCenter realizou a poxa dos dereitos do nome á eBay, e dende o 10 de febreiro ata o 13 de marzo de 2005, Fleet Center vendeu os dereitos ata en 30 ocasións. Incluíndo o actual nome de TD Banknorth Garden, o pavillón chegou a ter 33 nomes distintos. Durante a etapa do Fleet Center, o pavillón foi coñecido polos periodistas deportivos como "The Vault" (A Bóveda). O TD Banknorth Garden tamén alberga a Estación Norte de trens e ao metro de Boston.

Eventos[editar | editar a fonte]

Neste pavillón tamén se celebra o Beanpot, un torneo de hóckey que acolle ás universidades de Boston, e do campionato da Hockey East, unha das conferencias do hockey universitario. O pavillón tamén acolleu eventos deportivos a nivel nacional tales como o All-Star Game da NHL en 1996, a 1ª e 2ª ronda da División I da NCAA en 1999 e 2003, ademais da Final Four da NCAA feminina en 2006, e outros de menor seguimento como os campionatos de Skate de 2001, os torneos de selección (trials) de ximnasia en 1996 e 2000, a Frozen Four de Hockey en 2004 e 1998 ou torneos da World Wrestling Entertainment como a WrestleMania XIV de 1998, King of the Ring 2000, Royal Rumble 2003 e SummerSlam 2006. Fora do deportivo, destaca a Convención do Partido Demócrata de 2004.

Cancha de xogo[editar | editar a fonte]

O TD Garden comparte a honra de ser, xunto co Target Center dos Minnesota Timberwolves e o Amway Arena de Orlando Magic, os únicos pavillóns con superficie de parqué en pezas pequenas. O de Boston é o máis característico, xa que os Celtics son coñecidos pola tradición de ter ese parqué tan clásico na cancha. Esa tradición ven dende que rematou a Segunda Guerra Mundial, onde tiveron que recorrer ao parqué debido ao custo e escaseza da tarima de madeira naquela época. Con todo, a Final Four da NCAA feminina de 2006 celebrouse en pista convencional.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

WikiProject Ice Hockey logo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]