Occidental, Papúa Nova Guinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 7°20′S 142°0′E / 7.333°S 142.000°E / -7.333; 142.000

Localización da Provincia Occidental en Papúa Nova Guinea.
Bandeira da Provincia Occidental.

A Provincia Occidental, no pasado coñecida como de Fly, é unha das provincias de Papúa Nova Guinea, situada na rexión máis suroeste desta. A súa capital é a cidade de Daru, aínda que Tabubil é o asentamento máis grande da provincia. Outras poboacións importantes son Kiunga, Tabubil, Ningerum, Olsobip e Balimo. Segundo o censo do ano 2000 tiña 153.304 habitantes.

Ocupa unha área duns 99.300 km², sendo a provincia con máis extensión da Papúa Nova Guinea. Posúe diversos ríos, como é o río Fly e os seus afluentes, como son o Strickland ou o Ok Tedi. O lago máis grande de Papúa Nova Guinea, o Lago Murray, atópase nesta provincia occidental.

Nesta provincia áchase o único cacho de terra máis ao oeste do paralelo 141°L, liña que divide a Nova Guinea Occidental da Indonesia. Esta pequena sección este delimitada polo río Fly.