Rexión Autónoma de Bougainville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Bougainville

Bougainville é unha das subdivisións de Papúa Nova Guinea constituída como rexión autónoma desde o 15 de xuño do 2005, a diferenza do resto das subdivisións de Papúa Nova Guinea, que son provincias. Tamén se lle chama á rexión Salomóns do Norte, pois forma parte do arquipélago das Salomón, ademais de terse constituído xa en 1975 durante uns meses como República de Salomón do Norte. Durante o dominio alemán referíronse como Illas Salomón do Norte.

A illa principal é a propia Bougainville, mais está acompañada da illa Buka como tamén doutras pequenas illas. A súa capital é Buka temporalmente, a esperas de que se volva para Arawa. A poboación da provincia era de 175.160 no censo de 2000.

Mapa das Salomón Setentrionais