Provincia de Madang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da provincia de Madang no mapa de Papúa Nova Guinea.
Bandeira de Madang.

A Provincia de Madang é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Madang. Cunha área total de 29.000 km2 ten unha poboación de 365.106 habitantes (2000), dando unha densidade de poboación de 12,6 habitantes por quilómetro cadrado.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ao sur atópase a cordilleira Bismarck, con alturas superiores aos 4.000 metros. O Monte Wilhelm, a montaña máis alta de Papúa Nova Guinea con 4.509 metros, encóntrase nesta cordilleira. Tamén no sur, o val do Ramu separa a Cordilleira Bismarck da Cordilleira Finisterre, no sueste da provincia.

As montañas son ricas en árbores provedoras de madeira. O bosque recibe continuas choivas, mentres que a planicie costeira de Vallery está aberta e con palmeiras.

As illas próximas á costa do mar son, nalgúns casos, volcánicas.

Economía[editar | editar a fonte]

A provincia é a terceira produtora de cacao e de copra e a segunda potencia gandeira, mais é unha provincia moi pouco desenvolvida.

Distritos[editar | editar a fonte]

Esta provincia fracciónase en varios distritos:

  • Bogia
  • Madang
  • Middle Ramu
  • Rai Coast
  • Sumkar
  • Usino Bundi