Helánico de Mitilene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Helánico (Mitilene, século V a.C.) foi un historiador grego.

Helánico é o autor de numerosas obras historiográficas das que fican abondosos fragmentos. Escribiu mitolografías (Atlantis, Troica), etnografías (Lésbica, Pérsica), historias locais (Historia da Ática, a primeira historia de Atenas) e obras de investigación sobre a cronoloxía grega, como As sacerdotisas de Hera.