Aristófanes de Bizancio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aristófanes de Bizancio, en grego Ἀριστοφάνης / Aristofánes, nado en Bizancio contra o -257 e finado en Alexandría contra o -180, foi un gramático e crítico grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado sobre o -257, parte para Alexandría durante a súa xuventude e convértese en discípulo de Zenódoto e de Calímaco de Cirene. Conságrase aos poemas homéricos, dos que dá a primeira edición verdadeiramente crítica, e ás obras de Hesíodo, Alceo, Píndaro, Sófocles, Eurípides, Aristófanes ou mesmo Menandro, para as que escribe introducións. É tamén autor dun Léxico que contén palabras arcaicas e usuais, sinónimos, dos textos usuais, etc. Á morte de Apolonio de Rodas, en -195, pasa a dirixir a Biblioteca de Alexandría. Atribúeselle o ordenamento dos diacríticos do alfabeto grego

Foi eclipsado polo seu discípulo, Aristarco de Samotracia, pero a Antigüidade vía nel un dos seus mellores gramáticos.