Epítetos homéricos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homero xuntaba adxectivos e substantivos para crear adexectivos compostos coñecidos como epitetos homéricos que aplicaba a nomes fixos. Tanto A Ilíada como A Odisea caracterízanse por contar con numerosos destes epítetos dobres, como Aquiles, o dos pés lixeiros ou a aurora de dedos rosados.
O nome máis o epíteto constitúen unha fórmula que se axusta á estrutura métrica do verso. O uso de fórmulas é característica da antiga poesía épica. Tiñan como funcións a axuda mnemónica para o recitado, servir de pausa no mesmo en canto o aedos prepara a continuación da narrativa e fornecer un verso feito con rima coñecida.
Os epitetos homéricos caracterizan a natureza dun personaxe e, ás veces, dun obxecto ou dun acontecimento.
Epítetos homéricos famosos [editar]
- Afrodita
- amante do riso (philommeidês)
- dourada (chrusê)
- Apolo
- que fire desde lonxe (hekêbolos or hekatêbolos)
- Ares
- matador de homes (androphonos)
- descarado (chalkeos)
- Eos (Aurora)
- de dedos rosados (rhododaktulos)
- a que se ergue cedo (êrigeneia)
- do trono dourado (chrusothronos)
- do formoso trono (euthronos)
- Hefesto
- dos dous fortes brazos (amphiguêeis)
- Nausicaa
- de níveos brazos
- Patroclo
- fillo de Menoitios
- de grande corazón (megathumos)
- Poseidón
- que abana a terra (enosichtôn)
- Tetis
- de pés de prata (arguropeza)
- de adorábeis cabelos (eukomos)
- Ulises
- astuto (polumêtis)
- resistente (polutlas)
- saqueador de cidades (ptoliporthios)
- fecundo en ardides
- Zeus
- que xunta as nuves (nephelêgereta)
- o mar (pontos)
- da cor do viño (oinops)