Gunnar Nilsson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gunnar Nilsson
1976-07-10 Gunnar Nilsson im BMW CSL.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Suecia Suecia
Anos en activo 19761977
Escudería(s) Lotus
Grandes Premios disputados 32 (31 saidas)
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 4
Pole positions 0
Voltas rápidas 1
Primeiro GP Gran Premio de Suráfrica de 1976
Primeira vitoria Gran Premio de Bélxica de 1977
Derradeira vitoria Gran Premio de Bélxica de 1977
Derradeiro GP Gran Premio de Xapón de 1977

Gunnar Nilsson, nado en Helsingborg o 20 de novembro de 1948 e finado en Londres o 20 de outubro de 1978, foi un piloto Sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de entrar na Fórmula 1, gañou o Campionato Británico de Fórmula Tres de 1975. Nilsson participou en 32 carreiras de Fórmula Un, clasificándose para todos eles. Gañou unha carreira, o Gran Premio de Bélxica de 1977, batendo a Niki Lauda e a Peterson, pero, a partir de entón, a súa condución perdeu garra a enfermidade comezara a atenazarlle. Ao detectar as súas cefaleas, o seu compañeiro de equipo en Lotus Mario Andretti aconselloulle unha urxente revisión médica, aínda que xa era tarde. Sen resignarse a un final sen esperanza, Nilsson fichou en 1978, por Arrows, pero nunca estivo o suficientemente ben como para pilotar o coche. Competiu en tres carreiras International Race of Champions (IROC) en 1978. Acadou dous sextos lugares e un quinto posto.[1]

Caeu en coma en outubro e morreu un mes antes de cumprir os 30 anos. Ronnie Peterson avantaxoulle en 39 días en cruzar a meta final. Nilsson quixo contribuír a portar o ataúde do seu antigo heroe, pero o seu estado xa non llo permitía e, cariñosamente, James Hunt e Emerson Fittipaldi tiveron que disuadilo.

Nos últimos meses, Nilsson perdera 30 kg de peso e todo o pelo, a causa do tratamento de quimioterapia, pero conservou o ánimo, traballou persoalmente nunha fundación contra o cancro (para a que recadou preto dun millón de dólares) e anunciou que se reintegraría ao Gran Circo da fórmula 1 en 1979. Nos seus últimos días negouse a ser drogado e afrontou o final con completa lucidez.

Morreu de cancro testicular en Londres en 1978. Logo da súa morte, a súa nai, Elisabeth Nilsson, creou o Fundación Gunnar Nilsson contra o cancro.

Gunnar Nilsson está enterrado no cemiterio Pålsjö en Helsingborg, Suecia, preto dos seus pais Arvid e Elisabeth Nilsson.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Puntos
1976 John Player Team Lotus Lotus 77 Cosworth V8 BRA
RSA
Ret
USW
Ret
ESP
3
BEL
Ret
MON
Ret
SWE
Ret
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
5
AUT
3
NED
Ret
ITA
13
CAN
12
USA
Ret
XPN
6
10º 11
1977 John Player Team Lotus Lotus 78 Cosworth V8 ARX
NTS
BRA
5
RSA
12
USW
8
ESP
5
MON
Ret
BEL
1
SWE
19
FRA
4
RU
3
ALE
Ret
AUT
Ret
NED
Ret
ITA
Ret
USA
Ret
CAN
Ret
XPN
Ret
20

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gunnar Nilsson