Def Leppard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Def Leppard
OrixeSheffield, Inglaterra Inglaterra
Período1977 - presente
Xénero(s)hard rock, heavy metal, glam metal
Selo(s) discográfico(s)Mercury, Universal, Phonogram, Vertigo, PolyGram, Bludgeon-Riffola, Island, Frontiers
MembrosRick Savage
Joe Elliott
Rick Allen
Phil Collen
Vivian Campbell
Antigos membrosTony Kenning
Pete Willis
Steve Clark
Frank Noon
Na rede
defleppard.com
IMDB: nm1655043 Facebook: defleppard Twitter: defleppard Instagram: defleppard MySpace: defleppard Youtube: UCZjBqZjGsmI5OAVsLSroaWQ TikTok: defleppard Souncloud: defleppard Spotify: 6H1RjVyNruCmrBEWRbD0VZ iTunes: 117554 Last fm: Def+Leppard Musicbrainz: 7249b899-8db8-43e7-9e6e-22f1e736024e Songkick: 449005 Discogs: 252443 Allmusic: mn0000193320 Deezer: 2557 Genius: Def-leppard Editar o valor em Wikidata

Def Leppard é unha banda inglesa de hard rock formada no ano 1977 en Sheffieldcomo parte do movemento New Wave of British Heavy Metal. Dende 1992 o grupo está composto por Rick Savage (baixo e coros), Joe Elliott (voz), Rick Allen (batería e coros), Phil Collen (guitarra e coros) e Vivian Campbell (guitarra e coros).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa etapa máis exitosa comercialmente foi durante a década dos 80. O seu álbum de 1981 High 'n' Dry foi producido por Robert John "Mutt" Lange, que axudounos a definir o seu estilo, destacando del o tema "Bringin' On the Heartbreak" que foi un dos primeiros vídeos de metal emitidos na MTV en 1982. O seguinte álbum de estudio, Pyromania, editado en 1983 e que contiña como sinxelo principal o tema "Photograph", converteu a Def Leppard nun nome familiar. En 2003 o disco foi colocado no porto 384 na lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".

O cuarto álbum de Def Leppard, Hysteria, publicado en 1987, chegou ao primeiro posto das listas estadounidenses e británicas. Cara o ano 2009 fora platino 12 veces nos Estados Unidos, e vendera uns 20 millóns de copias en todo o mundo. Do disco sacáronse sete sinxelos, entre eles o número 1 na lista Billboard Hot 100 "Love Bites", xunto con "Pour Some Sugar on Me", "Hysteria", "Armageddon It", "Animal", "Rocket" e "Women".

O seu seguinte traballo de estudio, Adrenalize (o primeiro tras a morte do guitarrista Steve Clark), acadou o número 1 da lista estadounidense Billboard 200 e da lista británica de álbums en 1992. Este disco contén varios éxitos como "Let's Get Rocked" e "Have You Ever Needed Someone So Bad". O seu álbum de 1993 Retro Active contén o hit acústico "Two Steps Behind", e no seu álbum de grandes éxitos Vault, puclicado en 1995, aparece o novo tema "When Love & Hate Collide".

Como uns dos artistas musicais con máis vendas en todo o mundo, Def Leppard leva despachados máis de 100 millóns de álbums en todo o globo, e ten dous discos certificados diamante pola RIAA, Pyromania e Hysteria. É un dos únicos cinco grupos de rock con dous álbums de estudio con máis de 10 millóns de vendas nos Estados Unidos. A banda foi olocada no posto 31 da lista de VH1 dos "100 mellores artistas de hard rock" e están no número 70 da lista dos "100 mellores artistas de todos os tempos".

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
On Through the Night 1980 Vertigo/Mercury
High 'n' Dry 1981 Vertigo
Pyromania 1983 Vertigo/Mercury
Hysteria 1987 Vertigo/Mercury
Adrenalize 1992 Mercury/Bludgeon Riffola
Slang 1996 Mercury
Euphoria 1999 Mercury
X 2002 Island/Bludgeon Riffola/Mercury
Songs from the Sparkle Lounge 2008 Island/Universal/Bludgeon Riffola/Mercury
Def Leppard 2015 Bludgeon Riffola/earMUSIC Records/Mailboat Records
Diamond Star Halos 2022 Bludgeon Riffola, Mercury

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]