Distrito Mayuge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 00°20′N 33°30′E / 0.333°N 33.500°E / 0.333; 33.500

Localización do distrito en Uganda.

Mayuge District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Mayuge.

Limita co Distrito Iganga polo norte, co Distrito Bugiri polo nordeste e leste, co Distrito Namayingo polo leste, coa República de Tanzania polo sur, e co Distrito Jinja polo leste.

Antes do ano 2000, o Distrito Mayuge era denominado Bunya County e formaba parte do Distrito Iganga. Este distrito, canda Iganga, Kamuli, Jinja, Kaliro e Bugiri, constitúe o Reino Busoga.

7.660,4 km2 da superficie total son augas do Lago Vitoria, que representa un 77% do total do territorio. Outro 10% é bosque protexido. En total ten unha área de 9.948,6 km2.

O distrito ten moitas illas que están ocupadas de xeito permanente ou migratorio por pescadores. Entre estas illas están Seguti, Dagusi, Vumba, Kaza, Nambuga e Simu.

A poboación segundo o censo do ano 2002 estaba estimada en 326.600 habitantes.

A súa economía baséase no seu potencial agrícola, dado as súas fértiles terras e ao seu clima, aínda que sen pasar do nivel da subsistencia. A pesca tamén é outra actividade amplamente practicada, que, de certo, é a actividade que xera máis ingresos. Nas súas augas péscanse percas do Nilo, tilapias, clarias, protopterus, mukenes... Recentemente, a produción de mel, tamén se tornou en actividade a destacar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]