Distrito Moyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 03°39′N 31°43′E / 3.650°N 31.717°E / 3.650; 31.717

Localización do distrito en Uganda

Moyo District é un distrito da Rexión Setentrional de Uganda. Como moitos outros distritos, o seu nome provén da súa cabeceira, Moyo. Limita con Sudán do Sur polo norte e leste, co Distrito Adjumani polo sur, a través das augas do Nilo Branco, e co Distrito Yumbe polo oeste. Os estados sur-sudaneses de Ecuatoria Central e Ecuatoria Oriental forman o límite setentrional, existindo unha estrada entre Moyo e Kajo Keji, de Ecuatoria Central. A capital de Moyo atópase aproximadamente a uns 455 km, por estrada, ao noroeste de Kampala, a capital e maior cidade de Uganda.

Como na maioría dos distritos de Uganda, a agricultura é o alicerce principal da economía. O Nilo Branco é a principal fonte de peixe do distrito. Alén da gandaría, a apicultura, para producir mel, está gañando popularidade no distrito.[1]

En tempos recentes o distrito sufriu a Segunda Guerra Civil Sudanesa, levada a cabo ao norte, e a insurxencia do Exército de Resistencia do Señor fixo da estrada ao sur cara a Kampala perigosa. O distrito ten albergado a numerosos refuxiados sudaneses. A acordo de paz do 2005 así como a diminución da actividade do LRA trae esperanzas a este lugar.

A poboación de Moyo segundo o censo do ano 2002 é dunha estimación de 199.900 persoas, sendo o 48.8% mulleres e o 51.2% varóns.[2] Mais en toda a década do 2000, o Distrito Moyo experimentou en rápido crecemento de poboación, principalmente de refuxiados de Sudán do Sur.[3] Tras a paz, pois o problema dos refuxiados diminuíu. Estímase que a poboación do distrito no 2010, era de aproximadamente 253.200 habitantes, tal como segue na táboa:

Poboación do Distrito Moyo
Ano Poboación estimada
2002 199.900
2003 205.900
2004 212.100
2005 218.400
2006 225.000
2007 231.700
2008 238.700
2009 245.900
2010 253.200

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]