Distrito Nakasongola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 01°18′N 32°30′E / 1.300°N 32.500°E / 1.300; 32.500

Localización do distrito en Uganda

Nakasongola District é un distrito da Rexión Central de Uganda, denominado así pola súa poboación capital, Nakasongola.

Limita co Distrito Apac polo noroeste, co Distrito Amolatar polo nordeste, co Distrito Kayunga polo leste, co Distrito Luweero polo sur, co Distrito Nakaseke polo suroeste e co Distrito Masindi polo noroeste.

O distrito creouse en 1997, anteriormente formando parte do Distrito Luweero, mais estaba algo lonxe do centro administrativo de Luweero, sendo esta unha das razóns principais para a súa creación.

Ten unha área de 4909 km2. O distrito abrangue tres condados, especialmente:

  • Condado de Kyabujingo - Cos subcondados de Kakooge, Kalongo e Kalungi.
  • Condado de Buluuli - Cos subcondados de Lwampanga, Wabinyonyi e Nakasongola.
  • Condado de Budyebo - Cos subcondados de Nakitoma, Nabiswera e Lwabiyata.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación duns 127.100 habitantes.

As principais linguas faladas no distrito son o luganda e o luluuri. O inglés fálase nos centros urbanos.

A agricultura é a principal base económica do lugar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]