Distrito Bulambuli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 01°22′N 34°09′E / 1.367°N 34.150°E / 1.367; 34.150

O Distrito Bulambuli atópase neste mapa co número 85.

Bulambuli District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital Bulambuli.

Limita co Distrito Nakapiripirit polo norte, co Distrito Kapchorwa polo leste, co Distrito Sironko polo sur e co Distrito Bukedea polo oeste.

Foi creado en 2009, e tornouse operacional o 1 de xullo de 2010. Anteriormente, o distrito formaba parte do Distrito Sironko. O territorio da zona meridional do distrito é montañoso e é propenso a enchentes.[1] En troques, a parte setentrional é seca e propensa a sufrir secas.[2]

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha estimación de poboación de aproximadamente 97.300 habitantes.[3]

A agricultura de subsistencia, así como a gandaría, son as principais actividades económicas do distrito.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Floods Hit Bulambuli District www.allafrica.com Consultado o 5 de abril de 2012.
  2. Museveni Probes Bulambuli Water Projects www.newvision.co.ug Consultado o 5 de abril de 2012.
  3. Censo Consultado o 5 de abril de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]