Distrito Gomba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 00°11′N 31°55′E / 0.183°N 31.917°E / 0.183; 31.917

Gomba District é un distrito da Rexión Central de Uganda. Entrou en función o 1 de xullo de 2010, cando se partiu o antigo Distrito Mpigi en tres: Distrito Gomba, Distrito Butambala e Distrito Mpigi. A súa poboación estimada no 2010 era duns cen mil habitantes,[1] o que supón un decrecemento con respecto ao 2002, cando se nomeaba como condado e tiña 133.264 habitantes.

Limita co Distrito Mubende polo norte, co Distrito Mityana polo nordeste, co Distrito Butambala polo leste, e cos Distritos Kalungu, Bukomansimbi e Sembabule polo sur. A sede capital do distrito atópase en Kanoni. É un distrito principalmente rural, con gandaría e agricultura de subsistencia.

Notas[editar | editar a fonte]