Distrito Soroti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 01°36′N 33°39′E / 1.600°N 33.650°E / 1.600; 33.650

Localización do distrito en Uganda

Soroti District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, nomeado así pola súa principal poboación, Soroti.

Limita co Distrito Amuria polo norte, co Distrito Katakwi polo leste, co Distrito Ngora polo sueste, co Distrito Serere polo sur, e co Distrito Kaberamaido polo oeste. Forma parte da subrexión de Teso, que é lar das etnias iteso e kumam. [1]

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 193.300 persoas.

O distrito ten uns niveis de pobreza dos máis altos do Estado. En febreiro de 2009, estimábase que o 53% da poboación vivía con menos dun dólar ao día.[2]

A principal actividade económica do distrito é a agricultura.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]