Distrito Manafwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 01°01′N 34°21′E / 1.017°N 34.350°E / 1.017; 34.350

Mapa dos distritos de Uganda. O Distrito de Manafwa é o 101.

Manafwa District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Manafwa.

Limita co Distrito Bududa polo norte, coa República de Kenya polo leste e sur, co Distrito Tororo polo suroeste e co Distrito Mbale polo oeste.

A súa extensión é duns 451 km2. Foi creado en 1999 e formaba parte do Distrito Mbale, coma o Distrito Sironko. No 2006, a parte norte do Distrito pasou a formar o Distrito Bududa.

Segundo o censo do ano 2002, tiña unha estimación de poboación de 264.000 habitantes. Mais no 2006, coa formación do Distrito Bududa estímase que descendeu a súa poboación en 146.000 habitantes. Para o 2010 tiña unha estimación de poboación de aproximadamente 153.000 habitantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]