Distrito Bukwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 01°16′N 34°44′E / 1.267°N 34.733°E / 1.267; 34.733

Bukwa District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, denominado así pola súa capital, Bukwa. O censo de poboación do 2002 estimaba a poboación do distrito en arredor de 49.900 habitantes, vivindo a maioría deles na extrema pobreza, sendo tamén campo de disputas entre diferentes grupos étnicos, os karamojong, ao norte, e os turkana e pokot, da veciña Kenya, liortas centradas na gandaría que se remontan aos anos 1950 e 1960.

Limita co Distrito Amudat polo norte, coa República de Kenya polo leste e o sur e co Distrito Kween polo oeste e o noroeste.

Foi creado o 1 de xullo de 2005. Anteriormente o distrito formaba parte do Distrito Kapchorwa. Foi creado a partir do condado de Kongasis.