Distrito Buvuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 00°14′S 33°16′E / 0.233°S 33.267°E / -0.233; 33.267

Buvuma District é un distrito da Rexión Central de Uganda. Corresponde ao arquipélago das Illas Buvuma do Lago Vitoria. A súa sede atópase en Kitamilo. A súa poboación foi estimada no censo do 2002 en 42.500 habitantes. Limita co Distrito Jinja polo norte, co Distrito Mayuge polo leste, coa República de Tanzania polo sur e co Distrito Buikwe polo oeste e noroeste.

Componse de 52 illas esparexidas polo norte do Lago Vitoria. A illa maior é a denominada Buvuma, que lle dá nome ao distrito, que se creou no ano 2010.[1] Administrativamente o distrito subdivídese en catro subcondados:

  • Bugaya
  • Busemizi
  • Bwera
  • Nairambi

Notas[editar | editar a fonte]