Distrito Kaliro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 00°54′N 33°30′E / 0.900°N 33.500°E / 0.900; 33.500

O Distrito Kaliro atópase neste mapa co número 28.

Kaliro District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así polo súa poboación capital, Kaliro. Foi creado a partir da zona oriental do Distrito Kamuli en 2006. Ademais, limita co Distrito Serere polo norte, a través do Lago Nakuwa, un dos lagos que conforman o complexo acuático do Lago Kyoga; co Distrito Pallisa polo nordeste, co Distrito Namutumba polo sueste, co Distrito Iganga polo sur, co Distrito Luuka polo suroeste e co Distrito Buyende polo noroeste. Administrativamente, o distrito posúe un condado con cinco subcondados e unha municapalidade, Kaliro, a capital. A área total do territorio do Distrito Kaliro é de aproximadamente 904 km2, dos cales 710 km2 (78.5%) é terra arable.

Forma parte da subrrexión Busoga, que é lar dunha poboación de 2,5 millóns de persoas.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada dunhas 154.700 persoas. Os basoga son os principais habitantes do distrito é a lingua predominante é o lusoga.