Distrito Budaka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito Budaka

Nomeado en referencia aBudaka town (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 1°02′N 33°57′L / 1.03, 33.95Coordenadas: 1°02′N 33°57′L / 1.03, 33.95
EstadoUganda
RexiónRegião Leste (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalBudaka town (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua usadaLíngua nyole (pt) Traducir
Língua gwere (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie384 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.080 m Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2UG-217 Editar o valor em Wikidata

Sitio webbudaka.go.ug Editar o valor em Wikidata

Budaka District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, chamada así pola súa capital, Budaka. O distrito cobre unha área de 384 km2. Está a unha altitude sobre o nivel do mar de entre 910 e 1220 m. Segundo o censo de poboación do ano 2002 tiña uns 221.500 habitantes. A súa densidade de poboación era de 372 persoas por km2.

A etnia predominante no distrito son os bagwere.

Limita co Distrito Pallisa polo norte, co Distrito Mbale polo leste, co Distrito Butaleja polo sur e co Distrito Kibuku polo oeste.

Este distrito entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2005. Anteriormente formaba parte do Distrito Pallisa, saíndo do Condado de Budaka. Consiste nos seguintes sete subcondados:

  • Budaka
  • Iki-Iki
  • Naboa
  • Lyama
  • Kaderuna
  • Kamonkoli
  • Kameruka

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura é a principal actividade económica do distrito, ocupando o 86% da poboación segundo o censo do 2002.

Recentemente, abriuse unha fábrica de ladrillos e baldosas en Kamonkoli, da Uganda Clays Limited. A fábrica crese que empregará 200 persoas en pleno funcionamento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]