Distrito Busia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 00°23′N 34°00′E / 0.383°N 34.000°E / 0.383; 34.000

Localización do distrito en Uganda

Busia District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Busia, que se atopa xusto ao oeste da Busia de Kenya.

Limita co Distrito Tororo polo norte, co Distrito Busia, Kenya polo leste, coa República de Tanzania polo sur, co Distrito Namayingo polo suroeste e co Distrito Bugiri polo oeste.

Este distrito existe como tal desde 1997. Anteriormente era o Condado Busia do Distrito Tororo. A distancia entre algunhas zonas de Busia con Tororo foi un dos principais argumentos para xustificar a súa creación. Administrativamente, o distrito está dividido en tres división, estas son:

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de aproximadamente 225.000 habitantes.

Os grupos indíxenas do distrito son os samia e os bagwe, que inclúen numerosos clans.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]