Distrito Zombo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 02°30′N 30°54′E / 2.500°N 30.900°E / 2.500; 30.900 Zombo é un distrito da Rexión Norte de Uganda, chamado así pola súa poboación principal, Zombo.

Limita co distrito Arua polo norte, co distrito Nebbi polo leste e coa República Democrática do Congo polo sur e oeste. Zombo atópase aproximadamente a 70 km ao sur de Arua, a maior cidade da sub-rexión.[1] Atópase tamén a 382 km ao noroeste de Kampala, a capital de Uganda, e a maior cidade do país.[2]

O distrito entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2009.[3] Anteriormente, formaba parte do distrito Nebbi.

No 2002 tiña unha poboación estimada de 169.000 habitantes.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]