Distrito Kalangala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do distrito en Uganda

Coordenadas: 00°26′S 32°15′E / 0.433°S 32.250°E / -0.433; 32.250

Kalangala é un distrito do sur da Rexión Central de Uganda. O distrito corresponde coas Illas Ssese do Lago Vitoria e non ten superficie na propia terra principal de Uganda. Como os demais distritos, é chamado así pola súa capital, Kalangala, que se atopa na Illa Bugala, a maior das Illas Ssese.

Limita cos distritos de Mpigi e Wakiso polo norte, co Distrito Mukono polo nordeste e leste, coa República de Tanzania polo sur, co Rakai polo suroeste, co Distrito Masaka polo oeste e co Distrito Kalungu polo noroeste.

Cobre unha área de 9066,8 km2, dos cales só 432,1 km2 (4.8%) son terra e o resto é auga. Componse de 84 illas esparexidas polo noroeste do Lago Vitoria, das cales se atopan habitadas 43. A maior das illas, Bugala, posúe unha área de 296 km2, o 68.5% do terreo do distrito.

O censo do 2002 estimaba a súa poboación en 34.800 habitantes.

Os tres piares da economía do distrito son a pesca, o turismo e a agricultura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]